Saint-Laurent-Blangy é un concello francés do departamento do Paso de Calais na rexión de Alta Francia. A súa superficie é de 9.83 km2 e a poboación de 6606 habitantesINSEE.

Historia O concello forma parte da comunidade urbana de Arras e constitúe un concello dende 1819 conformado polos antigos concellos de Saint Laurent e de Blangy. A primeira guerra mundial marcou a localidade que resultou grandemente afectada pola violencia dos combates, e de novo atinxiuna a segunda guerra mundial. Na cidade hai un cemiterio militar alemán, o Deutscher Soldatenfriedhof de Saint-Laurent-Blangy que acolle as tumbas de 31 339 soldados alemáns caídos na primeira guerra mundial e creado polas autoridades francesas en 1921-22 e administrado pola Volksbund Deutsche Kriegsgräberfürsorge.

Notas

Categoría:Concellos do departamento do Paso de Calais