miniatura|240x240px|Imaxe do proxecto de vivendas Pruitt-Igoe cos seus 33 bloques de edificios. As catro estruturas que figuran en primeiro plano formaban o Vaughn Public Housing Complex (tamén demolido). Na imaxe aparece o Colexio Pruitt, no centro da foto, e a Igrexa Polaca Católica Estanislau Kostka. Ambos os edificios permanecen aínda en pé. Pruitt-Igoe foi un gran proxecto urbanístico desenvolvido entre 1954 e 1955 na cidade de St. Louis, Missouri, Estados Unidos.Checkoway, p. 245
Pouco tempo despois de construírse, as condicións de vida en Pruitt-Igoe comezaron a decaer; e na década de 1960, a zona atopábase en pobreza extrema, con altos índices de criminalidade e segregación, o que provocou a reacción dos medios internacionais ante o declive do barrio. O complexo foi deseñado polo arquitecto Minoru Yamasaki, autor, tamén, das torres do World Trade Center.
Ás tres da tarde do 16 de marzo de 1972, menos de 20 anos despois da súa construción, o primeiro dos 33 xigantescos edificios foi demolido polo goberno federal.Ramroth, p. 165Mendelssohn, Quinn, p. 163 Os outros 32 restantes foron derruídos nos seguintes dous anos.
As dimensións do fracaso de Pruitt-Igoe, que se converteu nunha icona emblemática, provocou un intenso debate sobre política de vivenda pública. O proxecto Pruitt-Igoe foi unha das primeiras demolicións de edificios de arquitectura moderna e a súa destrución foi descrita polo arquitecto paisaxista, teórico e historiador da arquitectura Charles Jencks como «o día en que morreu a arquitectura moderna».Jencks, p.9 O material gravado da demolición foi incluído na película Koyaanisqatsi, de Godfrey Reggio con música de Philip Glass, que compuxo unha peza de oito minutos de duración e que recibiu o nome do proxecto.
Antecedentes dereita|miniatura|Idea orixinal das zonas comúns. Durante os anos 1940 e 1950, a cidade de St. Louis, restrinxida polos seus límites establecidos en 1876, era «un lugar ateigado»; en sentido clásico, parecía e sentíase como unha verdadeira gran cidade, como sacada dunha novela de Charles Dickens.Larsen, Kirkendall, p. 60 A súa acumulación de vivendas deterioráronse durante o período de entreguerras e a Segunda guerra mundial. Máis de 85.000 familias vivían en pisos do século XIX e un estudo oficial de 1947 revelou que 33.000 fogares aínda tiñan baños comunais. Os residentes de clase media, na súa maioría de raza branca, estaban a abandonar a cidade e as súas antigas residencias ocupábanas familias de baixos ingresos. Os barrios negros (ao norte) e os brancos (ao sur) da parte antiga da cidade segregáronse e expandíronse, ameazando con engulir o centro da cidade.Bristol, p. 353 Para salvar as propiedades do centro dunha inminente desvalorización, as autoridades da cidade de St. Louis iniciaron un re-desenvolvemento do «anel central» ao redor do distrito central de negocios. A decadencia aí foi tan profunda que a xentrificación dos bens inmobles existentes considerouse pouco práctica.
En 1947, os planificadores de St. Louis propuxeron a substitución de DeSoto-Carr, un barrio negro en caída libre, por dous —e incluso tres— novos bloques de edificios residenciais e un parque público.Ramroth, p. 169 Porén, o plan non se levou a cabo finalmente. En lugar diso, o alcalde demócrata Joseph Darst, elixido en 1949, e os líderes republicanos do estado, optaron pola limpeza total dos barrios marxinais e a súa substitución por vivendas públicas de alta densidade. Explicaron que os novos proxectos crearían un resultado neto positivo para a cidade a través de maiores ingresos, novos parques, zonas de recreo e espazos comerciais.
En 1948, os votantes rexeitaron a proposta dun préstamo municipal que financiase o cambio, pero pronto a situación cambiou coa Acta de Vivenda de 1949 e as leis do estado de Missouri que proporcionaban o co-financiamento dos proxectos de vivenda pública. O achegamento efectuado por Darst, de renovación urbana, foi compartido pola administración de Harry S. Truman e os seus colegas alcaldes doutras cidades, atafegados polos traballadores industriais recrutados durante a guerra.Larsen, Kirkendall, p. 61 En particular, a Autoridade de Reurbanismo e Desmonte de St. Louis (Saint Louis Land Clearance and Redevelopment Authority) foi autorizada a adquirir e demoler os barrios menos favorecidos do anel central e vender, así, os terreos a prezos máis baixos a promotores privados, fomentando o regreso da clase media e o crecemento do sector dos negocios. Outra axencia, a Autoridade de Vivenda de St. Louis (Saint Louis Housing Authority), tiña que limpar o terreo co obxectivo de construír vivendas públicas para a antiga poboación dos barrios máis pobres.Bristol, p. 353
En 1950, St. Louis obtivera xa un compromiso federal para financiar 5.800 unidades de vivenda pública.Bristol, p. 354 O primeiro gran proxecto deste tipo en St. Louis, Cochran Gardens, foi completado en 1953 e estaba destinado a brancos con baixos ingresos. Consistía en 704 vivendas dispostas en doce grandes edificios e a súa continuación foi Pruitt-Igoe, Darst-Webbe e Vaughan. Pruitt-Igoe estaba destinado a mozos brancos e negros de clase media, illados en diferentes edificios; mentres que Darst-Webbe iría enfocado a inquilinos brancos de escasos ingresos. A vivenda pública en Missouri mantivo a segregación racial até 1956.Larsen, Kirkendall, p. 62
Deseño e construción En 1950, a cidade encargou á empresa Leinweber, Yamasaki & Hellmuth deseñar Pruitt-Igoe, un novo complexo urbanístico que debía o seu nome a Wendell O. Pruitt, un piloto afroamericano natural de St. Louis que loitou na Segunda guerra mundial, e William L. Igoe, antigo congresista estadounidense.Sisson, p. 1237 En principio, a cidade planificou dúas divisións: os fogares do capitán W. O. Pruitt para os residentes negros, e os apartamentos William L. Igoe para os brancos.Hall, p. 256 A zona limitaba con Cass Avenue ao norte, North Jefferson Avenue ao oeste, Carr Street ao sur e North 20th Street ao leste. Anteriormente á construción do complexo, o terreo era coñecido como o barrio De Soto-Carr, un gueto da comunidade negra de pobreza extrema.Bristol, p. 353 dereita|miniatura|O complexo urbanístico Pruitt-Igoe estaba composto de 33 edificios de once plantas cada un situados cerca do norte de St. Louis, Missouri. O proxecto foi deseñado polo arquitecto Minoru Yamasaki, quen máis tarde deseñaría o World Trade Center de Nova York. Este foi o primeiro gran traballo de Yamasaki, realizado baixo a supervisión e as restricións impostas pola Autoridade Federal de Vivenda Pública (PHA, Public Housing Authority). A proposta inicial consistía nunha mestura de edificios de grande altura, mediana e baixa. Foi aceptado polas autoridades de St. Louis, pero excedía os límites orzamentarios federais impostos pola PHA. A axencia interveu e impuxo un edificio uniforme de once plantas.Bristol, p. 354Hall, p. 256 A escaseza de materiais provocada pola Guerra de Corea e as tensións no Congreso fixeron máis estritos os controis da PHA. esquerda|miniatura|220x220px|Vista xeral de Pruitt-Igoe. En 1951, Architectural Forum encomiou a proposta orixinal de Yamasaki e cualificouna como «o mellor apartamento de grande altura» do ano. A densidade total foi fixada nun nivel moderado de 50 unidades por acre (maior que nos barrios pobres do centro), e aínda, de acordo cos principios de planificación de Le Corbusier e o Congreso Internacional de Arquitectura Moderna, os edificios foron organizados en once plantas nun intento de destinar os xardíns e a planta baixa para zonas comúns.Bristol, p. 354Newman, p. 10 Architectural Forum cualificou o deseño como "veciñanzas verticais para xente pobre".Ramroth, p. 164 Supúñase que cada fila de edificios estaría flanqueada por «un río de árbores», segundo o desenvolvemento dunha idea de Harland Bartholomew.Hall, p. 256 Con todo, os parques e as zonas de recreo non eran axeitados; e a zona de xogos foi engadida só despois de que os propietarios coaccionaran para a súa instalación.
Coa súa finalización en 1955, Pruitt-Igoe consistía, pois, de 33 edificios de once plantas cada un nunha área de 23 hectáreas situadas no norte de St. Louis. O complexo albergaba 2.870 apartamentos, converténdose nun dos máis grandes dos Estados Unidos. Os apartamentos eran extremadamente pequenos, con reducidos accesorios de cociña. Os ascensores skip-stop só paraban na primeira, cuarta, sétima e décima planta, obrigando aos veciños a utilizar as escaleiras nun intento de desconxestionar o uso do ascensor. As plantas baixas foron equipadas con grandes corredores, lavandarías, salas comúns e condutos de lixo.Newman, p. 10 Con todo, os ocos das escaleiras e os corredores atraeron a asaltadores. O sistema de ventilación era pobre e non existía aire acondicionado.
A pesar dos recortes iniciais do goberno federal, o custo final de Pruitt-Igoe elevouse a 36 millóns de dólares, un 60% por encima da media nacional en vivenda pública nese momento. Os conservadores atribuíron os excesos de custos aos salarios inflados de traballo pola influencia dos sindicatos que ademais deu lugar á instalación dun custoso sistema de calefacción; estes sobrecustos provocaron unha serie de recortes arbitrarios noutras partes fundamentais dos edificios.Hall, p. 256
No entanto, Pruitt-Igoe tivo, ao principio, boas críticas xa que era visto como un grande avance na renovación urbana.Ramroth, p. 164 A pesar da pobre calidade dos edificios, os provedores de materiais facían referencia a Pruitt-Igoe nos seus anuncios publicitarios, aproveitando a exposición nacional do proxecto urbanístico.
Decadencia dereita|miniatura|As xanelas de Pruitt-Igoe completamente vandalizadas. Unha decisión en 1956 da corte de Missouri eliminou a segregación racial nese estado e o novo complexo de edificios pasou a ser habitado, na súa maioría, por inquilinos negros. Con todo, os cidadáns brancos decidiron non formar parte do novo e integrador barrio.Hoffmann esquerda|miniatura|Estado de deterioración e total abandono dos corredores dos edificios de Pruitt-Igoe. Os edificios mantivéronse inhabitados durante anos, aínda que diversas fontes difiren en canto aos niveis de despoboamento: segundo Newman, a ocupación nunca excedeu o 60%; mentres que Ramroth asegurou que a desocupación era dun terzo en 1965.Ramroth, p. 165Newman, p. 10 A pesar diso, todos os autores coinciden en que a finais dos anos 1960 Pruitt-Igoe atopábase nun avanzado estado de abandono e deterioración, convertendo ao barrio nun foco de decadencia, inseguridade e crime. O seu arquitecto lamentou esta situación: «Nunca pensei que a xente fose tan destrutiva».Patterson, p. 336 En 1971, Pruitt-Igoe albergaba só seiscentos veciños en dezasete edificios; os outros dezaseis foron tapiados.Larsen, Kirkendall p. 63 Mentres tanto, o adxacente Carr Village, un barrio baixo de St. Louis e de similar composición demográfica, mantívose totalmente ocupado e sen problemas durante a construción, ocupación e declive de Pruitt-Igoe.Newman, p. 11
A pesar da decadencia das zonas públicas e a violencia de cuadrillas, Pruitt-Igoe mantivo un relativo benestar durante os seus peores anos. Os propios inquilinos traballaban e limpaban as zonas comúns e, a miúdo, era un éxito. Pero cando os corredores eran compartidos por vinte familias e as escaleiras por centos, os espazos públicos caían, por tanto, en menoscabo.Newman, p. 11 Cando o número de residentes por espazo público aumentaba un certo nivel, ninguén se identificaba con aquelas «terras de ninguén» —lugares onde era «imposible sentir... distinguir un veciño dun intruso»—.
Os habitantes de Pruitt-Igoe crearon unha asociación de veciños, dando lugar a empresas mancomunitarias. Un exemplo delas foi a creación de habitacións artesanais. Estas habitacións permitían ás mulleres de Pruitt-Igoe reunirse, relacionarse socialmente e crear elementos decorativos, colchas e estatuas para logo vendelos.
Demolición