José Valentim Fialho de Almeida, máis coñecido só como Fialho de Almeida, nado en Vidigueira (Vila de Frades) o 7 de maio de 1857 e finado en Cuba (Beja, Alentejo) o 4 de marzo de 1911, foi un xornalista, escritor e tradutor pos-romántico portugués.
Traxectoria Fillo dun mestre de escola, realizou os estudos secundarios nun colexio de Lisboa, entre 1866 e 1871. Empregouse nunha farmacia e estudou Medicina entre 1878 e 1885. En 1893 volveu á súa terra natal, onde casou cunha señora rica, que faleceu logo o ano seguinte e da cal non tivo descendencia.
Carreira profesional e literaria esquerda|miniatura|262x262px|Fialho de Almeida por António Carneiro. Nunca exerceu medicina, dedicándose ao xornalismo e á literatura. Tornouse labrego en Cuba, mais continuou a publicar artigos para xornais, e a escribir varios contos e crónicas.
Entre as súas obras máis notábeis encóntranse os cadernos periódicos Os Gatos, redactados entre 1889 e 1894, que seguiron a mesma liña crítica da obra As Farpas, de Ramalho Ortigão.
A súa carreira literaria foi pautada por un estilo moi irregular, baseado no naturalismo. As súas principais inspiracións foron as sensacións reais, mórbidas e groseiras, con temas repartidos entre os escenarios urbanos e campestres. Nos finais do Século XIX, o seu estilo tornouse máis decadente, en concordancia cos ideais en voga nesa época.
Fialho de Almeida colaborou en diversas publicacións periódicas, sobre todo nos xornais humorísticos Pontos nos ii (1885-1891)e A Comédia Portuguesa (fundado en 1888), e tamén nas revistas: Renascença (1878-1879?), A Mulher (1879), O Pantheon (1880-1881), Ribaltas e Gambiarras (1881), Branco e Negro (1896-1898), Brasil-Portugal (1899-1914), Serões (1901-1911). e, postumamente, na Revista de turismo iniciada en 1916.
Compuxo crónicas (asinadas co pseudónimo de "Valentim Demónio") e críticas literarias e teatrais: Foi celebrada a amargura con que conmemorou a morte de Eça de Queiroz.
Falecemento Fialho de Almeida faleceu o 4 de marzo de 1911, na localidade de Cuba, onde foi sepultado.
Na súa campa está rexistrado o seguinte epitafio:
miniatura|Xardín Fialho de Almeida, na Praça das Flores, en Lisboa.
A Câmara Municipal de Lagos aprobou o 18 de febreiro de 1987, a asignación do nome de Fialho de Almeida a unha rúa da cidade. Existe tamén, en Lisboa, un xardín co seu nome, na praza das Flores. Á súa vez, a alcaldía de Cuba deu o seu nome a un centro cultural e a un concurso literario, e, en agosto de 2011, xa adquirira a súa antiga vivenda naquela localidade, para a futura instalación dunha Casa Museo. En Castro Verde, o seu nome foi atribuído a unha das principais rúas da vila.
Fialho de Almeida e Galiza Fixo tres viaxes á Galiza. Dunha delas publicou en 1996 Laiovento Cadernos de viagem. Galiza, 1905:
Obra A Ruiva (1878). Traducida ao español La pelirroja. Trad. de Antonio Sáez Delgado.Contos (1881)A cidade do Vício (1882). En español La ciudad de vicio: novelas y cuentos (1920)Os Gatos (1889-1894). Colección de artigos. 6 volumes.Lisboa Galante (1890)Pasquinadas (1890). Colección de artigos.Vida Irônica (1892)O País das Uvas (1893)A Esquina (1900)Galiza (1905)Barbear, Pentear (1910)
Publicados postumamente: Saibam Quantos... (1912) Cartas e artigos políticosAves Migradoras (1914) e 1921A taça do rei de Tule e outros contos (2001, Póstumo) Estâncias d'Arte e de Saúde (1921) Figuras de Destaque (1922) A esquina. Jornal dum vagabundo (1923) Estancias d'Arte e de Saüdade (1924) Actores e Autores (1925) O escriptores (1925) Vida Errante (1925) Cadernos de viagem. Galiza, 1905. (1996) A taça do rei de Tule e outros contos (2001)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Massaud, Moisés (1975). O conto português. Editora Pensamento-Cultrix. Saraiva, Antonio José; Lopes, Óscar (1978): História da literatura portuguesa''. Porto.
Ligazóns externas Obras de Fialho de Almeida en Gutemberg.org Obras de Fialho de Almeida na Biblioteca Nacional Digital da Biblioteca Nacional de Portugal
Categoría:Xornalistas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Médicos de Portugal Categoría:Finados en 1911 Categoría:Nados en Portugal Categoría:Nados en 1857