Ursula Bassler, nada en Alemaña en 1965, é unha física, subdirectora do CNRS Centro Nacional para a Investigación Científica e presidenta do Consello do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) desde xaneiro de 2019.

Traxectoria Bassler naceu en Alemaña en 1965. Trasladouse a Francia como au pair. Completou o seu doutoramento en física de partículas na Universidade Pierre e Marie Curie en 1993.

Uniuse ao Laboratorio Nuclear e de alta Enerxía (LPHNE) en París, onde traballou en física de partículas baseada en colididores. O LPHNE é unha unidade de investigación conxunta entre CNRS e a Universidade Pierre e Marie Curie. Traballou na estrutura do protón utilizando o Acelerador de partículas HERA como membro do experimento H1 en DESY en Alemaña.

En 1998 uniuse ao experimento D0 no colididor de Fermilab o cal estuda os bloques básicos da materia. Ela executou a calibración fóra de liña do calorímetro. Foi parte do grupo de traballo Dispersión inelástica profunda durante 1999. Durante o 2005 (Ano Mundial de Físicas) mantivo un blog en Diarios Cuánticos. Entre 2007 e 2013 dirixiu a división de física de partículas no Instituto de Investigación sobre as leis fundamentais do Universo - IRFU-CEA. Forma parte do Comité asesor internacional da Universidade Nacional An-Najah. Creo o proxecto Colisións, un proxecto multimedia que deu unha visión xeral dos físicos e enxeñeiros que traballan para o Gran Colisor de Hadróns.

Até 2015, foi subdirectora científica en IN2P3 para física e informática de partículas. No IN2P3, preparou as actualizacións para o Gran Colisor de Hadróns de Alta Luminosidade e a "European Open Science Cloud". A actualización (HL-LHC) comezou en xuño de 2018 .É membro do consello científico de DESY. En setembro de 2018 foi nomeada 23.º Presidente de consello do CERN. A súa candidatura foi proposta por Francia e Alemaña.

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Nados en Baden-Württemberg