Hanan Hamid Muhamad Al Hrub (en ), nada o 6 de marzo de 1972 en Dheisheh, é unha profesora palestina que en 2016 foi a segunda gañadora do Premio Global ao Ensino. Está especializada no apoio a nenos traumatizados pola violencia.
Traxectoria Medrou no campo de refuxiados de DheishehDaud Abdullah, Education is a right being denied to Palestinian children, and Israel is the culprit Consultado o 12 de marzo de 2020 preto de Belén, onde foi testemuña e vítima de actos violentos. Os seus propios fillos experimentaron un incidente traumático no que dispararon ao seu pai nun posto de control israelí. Al Hroub estudou inglés na universidade e quería ser tradutora, pero decidiu comezar a traballar na docencia despois de que uns soldados israelís disparasen aos seus fillos xemelgos de 9 anos e o seu fillo pequeno de 6 ao comezo da Intifada de Al-Aqsa.
Al Hroub dá clases a nenos en campos de refuxiadosAsia Society, Teaching for Global Competence in a Rapidly Changing World, OECD Publishing, 2018 p.25 e o seu slogan é "Non á violencia". Emprega unha metodoloxía desenvolvida por ela mesma na que usa o teatro para a resolución de problemas e a tensión. O seu método está desenvolvido e explicado no seu libro, We Play and Learn. Afirma que cando empezou a ensinar, "a violencia que os rapaces vían nas rúas se traía ás clases", pero após duns poucos meses, o seu comportamento e actitude mellou enormemente.
Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Palestina Categoría:Profesores