Anne Hidalgo, nada como Ana María Hidalgo Aleu en San Fernando, Cádiz o 19 de xuño de 1959, é unha política francesa de orixe española, pertencente ao Partido Socialista Francés, e actual alcaldesa de París.
Nas eleccións municipais de 2014 da cidade parisiense, converteuse na primeira alcaldesa de París.
Biografía Primeiros anos e formación Nada en 1959, en San Fernando, Provincia de Cádiz, cando tiña dous anos a súa familia trasladouse a vivir a Lión, en Francia, onde cursou estudos universitarios.www.thepeerage.com . En 1973 ela e a súa familia se naturalizaron franceses. Cambiou o seu nome de nacemento, Ana, por Anne. Despois trasladouse a París.
Funcionaria e política En 1982 gañou unhas oposicións para traballar como funcionaria na Inspection du travail. Os seus pais xa volveran a San Fernando, onde ela viaxa con frecuencia, pero Hidalgo elixiu seguir en Francia.
Pertence ao Partido Socialista francés desde 1994. Entre 1997 e 2002 traballou en tres ministerios, destacando a súa colaboración na elaboración de leis sobre paridade e igualdade profesional entre homes e mulleres. De 2001 a marzo de 2014 foi a primeira adxunta do anterior alcalde de París, o socialista Bertrand Delanoë. En 2003 tramitou a dobre nacionalidade francesa e española. O 26 de xuño de 2004 contraeu matrimonio en segundas nupcias con Jean-Marc Germain, con quen ten un fillo. Ela ten dous fillos máis dunha relación precedente.
Retirouse como funcionaria en 2011.
Alcaldesa de París O 30 de marzo de 2014 converteuse na primeira alcaldesa da historia de París, logrando a vitoria fronte á aspirante conservadora Nathalie Kosciusko-Morizet co 54,5% dos votos, aínda que Hidalgo perdeu na primeira volta."La gaditana Anne Hidalgo será la primera mujer al frente de la alcaldía de París" RTVE, 31/3/2014.
Vida persoal A pesar de ter unha educación católica, Hidalgo é abertamente atea.Gurrey, Béatrice "Anne Hidalgo, première dame" Le Monde. 4/4/2014 ."Quand Anne Hidalgo s'essaie à l'anglais pour critiquer Donald Trump, c'est...très gênant" Atlantico. 13/5/2016 .«À Cadix, Hidalgo soigne son image en pensant à 2014», Le Figaro, 28/9/2012, actualizado o 30/9/2012.
Condecoracións
Comendadora da Orde de Isabel a Católica. Dama da Lexión de Honra francesa. Gran Cruz da Orde da Estrela Polar sueca. Premio Federico Joly. Medalla de Andalucía (2006). Gran Cruz da Orde do Mérito Civil (2015).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía por CIDOB . "Anne Hidalgo: así es la andaluza que es nueva alcaldesa de París", HuffPost, 31/3/2014.
Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil Categoría:Nados en San Fernando Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Alcaldes de París Categoría:Nados en 1959