O Breviario de Miranda é un manuscrito escrito en latín que foi realizado sobre os anos 1450-1475. O nome de Breviario de Miranda ven do nome dun dos seus posibles propietarios, un cóengo compostelán.Entrada "Breviario de Miranda" na Xacopedia.

O libro componse das partes do Breviario Romano, reproducindo moitas partes do Códice Calixtino, e destaca nel a rica decoración de miniaturas. Ten moita decoración vexetal mesturada con imaxes de santos e animais, e está composto de 518 folios.Breviario de Miranda na Catedral de Santiago de CompostelaAnálisis codicológico del Breviario "de Miranda”

Non está claro quen foi o que mandou crear este breviario, hai varias posibilidades, entre elas, Pedro de Miranda, familiar de Alonso II de Fonseca, Fernando Bermúdez de Castro, que foi Deán da Catedral, ou tamén Rodrigo de Luna, arcebispo de Santiago entre 1449 e 1460.

Atópase no arquivo da Catedral de Santiago de Compostela onde ademais do orixinal teñen un facsímile, que é o que está exposto ó público no museo, e unha versión dixitalizada.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Breviario de Miranda na Catedral de Santiago de Compostela. Un breviario para un canónigo:El breviario de Miranda del ACS.Estado de la cuestión y nuevas hipótesis. Pablo Ordás Díaz. Annuarium Sancti Iacobi, 2012, nº 1, 219-236. Análisis codicológico del breviario «de Miranda». Ángela Mª Rodríguez López. Annuarium Sancti Iacobi, 2012, nº 1, 287-316. Galicia Histórica. Hoja de historia y documentos compostelanos. Algunas reflexiones sobre la propiedad del Breviario de Miranda. 2017. Introducción al estudio de miniatura del siglo XV: El norte de Europa y el caso hispánico. El Breviario llamado "de Miranda" del Archivo de la Catedral de Santiago , Pablo Ordás Díaz, Curso 2008 - 2009. Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia, Departamento de Historia da Arte].

Categoría:Catedral de Santiago de Compostela