Don Claro foi un semanario editado en Santiago de Compostela en 1931, que levou o mesmo nome doutro anterior editado en 1898. Foi fundado por Arturo Cuadrado, quen escribía nas súas páxinas.

Historia e características Subtitulado Semanario político de izquierdas, apareceu o 24 de maio de 1931. Declarouse herdeiro do semanario que apareceu no 1898, en canto que dicía no seu primeiro número que «Don Claro estivo moitos anos calado porque non estabamos en tempo de dicir a verdade». Ademais afirmaba que era «órgano da situación, voceiro, modestísimo, da República», que precisamente acababa de proclamarse poucas semanas antes. Vendíase ao prezo de 20 céntimos o exemplar.

Tivo problemas para manter a súa continuidade desde o primeiro momento. Así, por exemplo, en xullo do mesmo ano no que naceu xa estaba planeando a súa reaparición, o que dá conta de que ao pouco de aparecer xa fora suspendido.

Non debeu chegar ao ano de vida porque en abril de 1932 a prensa o daba xa por desaparecido.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Segunda República Española Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1931 en Galicia Categoría:Prensa republicana