Castor Cordal Garrido, nado en Corvillón (Cambados) en 1909 e finado na Portela o 15 de setembro de 1936, foi un electricista galego. Traxectoria dereita|miniatura|Escavación das fosas onde se soterrou a Ramón Barreiro e Castor Cordal en Curro. Electricista, pertencía á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en diferentes lugares até que foi descuberto por un delator. Detido en setembro, estivo na prisión do pazo de Fefiñáns e foi asasinado con Ramón Barreiro Rodríguez nun eucaliptal a carón da estrada Pontevedra-Vilagarcía de Arousa na Portela. Os asasinos levaron os corpos atados a unha escada de man e soterráronos detrás do adro da igrexa de Curro. Antes de soterralo cortáronlle un dedo para apoderarse dun anel. A súa irmá Josefina non puido entrar á escola por ser irmá de "rojo". Os cadáveres foron exhumados en outubro de 2009.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1936