O Rally Mariña Lucense de 2019 foi a primeira edición de dito rally e a oitava e última proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 16 de novembro de 2019 e o vencedor foi Iago Caamaño.
Itinerario Celebrouse na parte occidental da Mariña Lucense, estando situado o parque pechado en Viveiro. Os nove treitos cronometrados disputáronse nos concellos de Xove, O Vicedo e Cervo, sumando un total de 93,45 km.
Inscritos Inscribíronse 72 equipos, dos que finalmente tomaron a saída 69. Coa ausencia do xa campión galego Víctor Senra, os principais candidatos a vencer o rally eran Alberto Meira e Iago Caamaño, segundo e terceiro respectivamente no campionato. Iago Caamaño inscribiuse cun Volkswagen Polo R5 propiedade de AR Vidal, en vez de co seu Ford Fiesta R5 co que competira toda a tempada.
Resumo Iago Caamaño comezou á fronte da xeral tras marcar o mellor tempo no primeiro treito, no Vicedo, pero perdeu a posición rapidamente a favor de Alberto Meira que se fixo co mellor tempo nos tres treitos seguintes. Con todo, no quinto treito, correspondente á segunda pasada por Cervo, foi Caamaño o máis rápido, ao igual que en todos os restantes treitos do rally, polo que foi el o piloto que estreou o palmarés do rally lucense. Segundo finalizou Meira e en terceira posición Óscar Veiga, que aproveitou o abandono de Adrián Díaz.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Iago Caamaño Alberto RodríguezVolkswagen Polo R5Lalín Deza1h01:42.5562 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team1h01:48.6063 Óscar Veiga Eloy FernándezSubaru Impreza WRX STIA Pontenova1h05:02.5704 David Rivas José ViéitezCitroën C2RVS Motorsport1h06:16.1785 José Manuel Lista Iván CarmonaMitsubishi Lancer Evo IXJ. Lista Competición1h06:50.9616 Tino Iglesias Vanesa MaquieiraFord Fiesta N5Desguaces Tino Racing1h08:13.6847 Sergio Tabeayo José Antonio PintorCitroën C2 GTLalín-Deza1h08:16.8518 José Antonio Otero Alejandro López FernándezSubaru Impreza WRX STICongostra Team Sanxenxo1h08:24.5759 José Manuel Lamela Daniel Pérez TorresPeugeot 106 Rallye 1.6Yacar Racing1h09:24.30010 Joaquín Pérez Adrián MuñizPeugeot 206 XSPontevedra 1984 Team1h09:41.76411 Diego Vila Álex AlonsoCitroën Saxo VTSDona Urraca1h09:53.58412 Gonzalo Villasuso Francisco PenabadPeugeot 206A. Ferrol1h10:31.53513 Pablo Blanco Ian QuintanaPeugeot 106 GTIOurense1h10:36.00314 Rubén Gandoy Miguel Ángel VidalPeugeot 206 XSSiroco Narón1h11:04.33315 David Busto Óscar GarcíaFord Fiesta STBerberecho1h11:10.18416 Aitor Pico Eloy CalvoPeugeot 106 GTIScratch Fene1h11:17.67017 Antonio Pérez Javier MartínezCitroën DS3 R5Miño-Lugo1h11:23.61018 Pablo Rey María del Pilar SecoFord Fiesta R2A. Ferrol1h12:01.29919 Rubén López Damián OutónCitroën C2 GTSarria Motor1h12:03.31020 Diego González Diego GarcíaCitroën SaxoMoeche1h12:45.65821 Juan José Sueiras Alberto AcciónCitroën Saxo VTSMoeche1h12:59.85722 Miguel Iglesias Alberto RialCitroën SaxoMelide Motorsport1h13:03.99923 Adrián Vázquez Cristina PrietoCitroën C2 R2 MaxMeira1h13:29.29524 Rubén López Lorena RicoBMW 325i E30Senra Sport1h14:18.96225 Eugenio Pita Iván BouzaCitroën Saxo VTSMoeche1h14:29.25726 Antonio Amor Marcos LópezSeat 1430Moeche1h14:35.53627 Borja Ramudo Martín BasantaPeugeot 205Galicia Motorsport1h14:52.31128 Marcos Castro Aarón RodríguezCitroën Saxo VTSSiroco Narón1h14:53.82229 Clemente Alves José Luis SuárezPeugeot 206 XSMiño-Lugo1h15:08.84230 Fabio García Pablo BellasPeugeot 306 GTIMiño-Lugo1h17:37.18931 Sergio Rodríguez Manuel FerreiraPeugeot 206 XSMoeche1h18:30.76132 Óscar González Antonio GonzálezCitroën SaxoMRT1h18:52.26333 Diego Dopico Paula MartínezPeugeot 106 Kit carSiroco Narón1h19:00.99734 Miguel García Jorge PazMitsubishi Lancer Evo XA Pontenova1h19:32.35635 Rubén Amarelo Santiago AmareloPeugeot 206 XSAs Pontes Motorsport1h20:31.84036 Víctor Varela Isabel HermidaPeugeot 205 RallyeA Pontenova1h20:48.89737 Ricardo Estévez Óscar OteroSeat MarbellaGalicia Motorsport1h22:20.67338 José Antonio Seco Javier SantosPeugeot 206As Pontes Motorsport1h23:29.28239 Francisco Javier Seoane Bran CarballoSeat ArosaRVS Motorsport1h24:04.89240 Pedro Reija Natalia AldeguindePeugeot 306 GTI 16VMiño-Lugo1h26:31.535
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación completa do rally Rally Mariña Lucense 2019 en ewrc.com .
Categoría:Rally Mariña Lucense Categoría:Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally