Petronila de Aquitania. Xenealoxía de Petronila de Aquitania en Medieval Lands , nada aproximadamente en 1125 e finada despois de 1151, era filla de Guillerme X de Aquitania, duque de Aquitania e Lionor de Châtellerault. Era irmá de Aliénor de Aquitania. Tamén lle chamaban Aelis.
Traxectoria
Seguiu á súa irmá Lionor ata a corte de Francia e namorouse alí de Raúl de Vermandois, un home maduro xa casado con Lionor de Blois. Para agradala, Aliénor de Aquitania e o seu marido, Lois VII de Francia, obtiveron a disolución do matrimonio de Raúl, o que provocou un conflito co conde de Champaña Teobaldo IV de Blois, irmán da repudiada esposa.
Despois casou con Raúl I de Vermandois (m. 1152 ), conde de Vermandois e Valois e tiveron a:
Isabel (1143-1183), condesa de Vermandois e Valois, casada con Filipe de Alsacia, conde de Flandres. Raúl II (1145-1167), conde de Vermandois e Valois. Lionor de Vermandois (1148/1149 - 1213).
Notas
Categoría:Condes de Vermandois Categoría:Duques de Aquitania Categoría:Condes de Valois Categoría:Nados no século XII Categoría:Finados no século XII