Luís Carragal Peón, nado en Pontevedra o 25 de marzo de 1894, foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria
Fillo de Concepción Peón López. Foi mestre de Cela (1924), O Hío (1926) e Quíntela (1927). Dende 1929 foi mestre da escola de Budiño, e entre 1932 e 1936 desenvolveu coa axuda da sociedade Fomento de Porriño y su Distrito a Cooperativa Agrícola Escolar de Budiño.Cooperativa Rural Escolar aneja a la nacional de niños Foi membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo (UGT)El Pueblo Gallego, 3-11-1933, p. 5. e colaborou en La Hora. Foi presidente da Sociedad-Sindicato La Progresiva de Budiño.El Pueblo Gallego, 19-6-1934, p. 12.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo en setembro, foi reposto en decembro con suspensión de emprego e soldo dun mes.Diario de Pontevedra, 5-12-1936, p. 2. Depurado, foi sancionado co trasladado fóra da provincia e inhabilitado para cargos directivos e de confianza en xuño de 1940 e destinado a Noviercas (Soria),El Noticiero Gallego, 25-8-1940, p. 2. despois foi mestre en Simes (Meaño) dende 1946. Nos anos corenta colaborou en Spes. O seu traballo "La Agricultura en la Escuela" foi premiado polo Ministerio de Agricultura en 1950.La Noche, 24-5-1950, p. 2. Xubilouse por imposibilidade física en 1959.El Pueblo Gallego, 4-1-1959, p. 11. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en ano descoñecido