Sor Gracia Baptista (fl. 1557?) foi unha compositora e monxa española ou portuguesa que viviu en Ávila.

A súa composición sobre o Conditor alme, publicada en 1557 no Libro de cifra nueva para tecla, arpa y vihuela de Luis Venegas de Henestrosa,​ é a obra con teclado máis antiga composta por unha muller española ou portuguesa​​ (e, probablemente, a única publicada que se conserva anterior ó século XVIII​), ademais da primeira composición dunha muller publicada en Europa.​ Trátase dunha obra para voz con acompañamento de órgano ou clave​ que foi gravada en varias ocasións.​

Notas

Categoría:Nados no século XVI Categoría:Finados no século XVI Categoría:Compositores de España Categoría:Monxes católicos Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido