Arnulfo ou Arnaldo II de Flandres Arnoul de Flandre sur le site Foundation for Medieval Genealogy, nado sobre 961 e finado en Gante o 30 de marzo de 987, chamado o Novo, foi Conde de Flandres desde 965 a 987. Fillo de Balduíno III e Matilde Billung (ca. 942 - Gante, 25 de maio de 1008). Foi o neto e sucesor do conde Arnulfo I de Flandres.
Traxectoria Aínda non era máis que un neno á morte do seu pai (962). O seu avó Arnulfo I recuperou o posto como conde, ata a súa morte en 965.
Á súa chegada ao cargo,aproveitando a súa mocidade e prevaléndose da rexencia como señor feudal, o rei Lotario I de Francia invadiu Flandres, apoderouse dos condados de Thérouanne e Saint-Pol-sur-Ternoise, de Douai e Arras (Artois e Ostrevant). Inquieto, o bispo de Cambrai e Arras apelou ao emperador Odón I e Lotario retirouse, pero deixou un país devastado.
Á morte de Lois V de Francia (21 de maio de 987), debido á solidariedade carolinxia, Arnulfo apoiou a Carlos da Baixa Lotarinxia e ao seu fillo Odón fronte a Hugo Capeto (coroado o 3 de xullo de 987)Histoire générale de la province d'Artois, page 171 (books.google.fr), e non recoñeceu ao rei escollido. Hugo invadiu entón Flandres ata o río Lys e ocupou Arras. Arnulfo refuxiouse xunto ao duque Ricardo I de Normandía: o capeto retirouse, pero o conde de Flandres recoñeceuno como rei. Arnulfo morreu un mes despois, afectado por unhas febres. O seu corpo foi enterrado na abadía de Sant Pedro de Gante.
A súa viúva, Rozala de Ivrea Généalogie de Rozala sur le site Medieval Lands filla de Berengario II rei de Italia, volveuse a casar un ano despois (antes do 1 de abril de 988) con Roberto II o Piadoso, fillo do rei Hugo Capeto.
Deixou dous nenos pequenos:
Matilde (m. 995 ou antes). Balduíno IV (c. 980 - 1035) que o sucedeu.
Devanceiros
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Biografías nacionais de Bélxica Historiador xeral da provincia de Artois, tomo 2 de Jean Baptiste François Hennebert - 1788 (ligazón)
Categoría:Finados en 987 Categoría:Nados no século X Categoría:Condes de Flandres