Rosendo Rodríguez Ares, coñecido como O do Patacón, nado en Arcos (Meis) o 24 de xaneiro de 1902 e finado no Mosteiro o 1 de febreiro de 1974, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria Comerciante e militante de Izquierda Republicana. Foi secretario da sociedade La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis. Foi detido en decembro de 1934 xunto co presidente da sociedade José Manuel Arribas Hermida.El Pueblo Gallego, 25-12-1934, p. 13. Líder do Fronte Popular en Meis, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou na resistencia.
Agochouse e fuxiu a América axudado polo crego de Nogueira. Procesado en dous procedementos diferentes (1057/37 e 305/37), foi declarado en rebeldía e xulgado en Pontevedra en consello de guerra por auxilio á rebelión, e condenado a 12 anos e un día de prisión, que lle conmutaron por 6 anos e un día. Abríronlle expediente por responsabilidades políticas, que foi sobresido en 1944. Tras presentar unha instancia foi indultado en 1945.
Estableceuse primeiro en Buenos Aires e despois marchou Cuba. Estivo en Cuba até o triunfo da revolución en 1959. Volveu a Galicia e instalouse no Mosteiro onde se aforcou en 1974.El Pueblo Gallego, 7-2-1974, p. 10.
Vida persoal
Casou en Cuba con Celestina Bruzos González.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Meis Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Suicidios en 1974 Categoría:Suicidas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Aforcados