Os miserábeis (en ) é un filme francés de 2019 dirixido por Ladj Ly e escrito por Ly, Giordano Gederlini e Alexis Manenti. Baséase nunha curtametraxe homónima realizada polo propio Ly. Está protagonizado por Damien Bonnard, Alexis Manenti, Djebril Zonga, Issa Percia, Al-Hassan Ly, Steve Tientcheu, Almany Kanoute e Nizar Ben Fatma. O filme baséase na violencia policial ocorrida o 14 de outubro de 2008 en Montfermeil, observada e filmada por Ladj Ly. Montfermeil é un suburbio a 25 quilómetros ó nordeste de París onde, na novela Os miserables de Victor Hugo (1862), o exconvicto Jean Valjean coñece a Cosette, unha nena maltratada polos seus pais adoptivos. O filme describe os abusos contra os cidadáns pobres, especialmente os adolescentes de etnia árabe ou africana.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 15 de maio. Estreouse nos cinemas de Francia o 20 de novembro a través da distribuidora Le Pacte. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.
Estreouse subtitulado en galego o 22 de novembro de 2019 a través de NUMAX (Santiago de Compostela). Os subtítulos foron traducidos ao galego por Samuel Solleiro co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Sinopse Stéphane únese ás brigadas anticriminais de Montfermei, onde coincide con Chris e Gwada. Ambos amósanlle as enormes tensións que existen entre os distintos grupos organizados que teñen como único obxectivo facerse co control do distrito.
Personaxes Damien Bonnard como Stéphane / Pento Alexis Manenti como Chris Djebril Zonga como Gwada Issa Perica como Issa Al-Hassan Ly como Buzz Steve Tientcheu como The Mayor Almamy Kanoute como Salah Jeanne Balibar como The Commissioner Raymond Lopez como Zorro Omar Soumare como Macha Sana Joachaim como Bintou Lucas Omiri como Slim Nazar Ben Fatma como La Pince
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes ambientados en París Categoría:Filmes ambientados en 2018 Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre violencia Categoría:Filmes de 2019 con versión en galego