Ramón Abal Sabarís, nado en San Martiño de Meis (Meis) o 25 de febreiro de 1864 e finado en Meis o 24 de marzo de 1939, foi un político galego.

Traxectoria Foi concelleiro de Meis nos anos vinte. Logo da caída da ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Meis en febreiro de 1930.El Pueblo Gallego, 28-2-1930, p. 7. Coa proclamación da II República, logo da repetición das eleccións municipais o 31 de maio, foi elixido concelleiro e alcalde de Meis.

Vida persoal

Casou con Peregrina Vázquez e tivo seis fillos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Meis Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Meis Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos