Silvio Fernández y Rodríguez-Bastos, nado en Ribadavia en 1859 e finado en Ourense o 10 de novembro de 1937, foi un pintor galego.
Traxectoria miniatura|300px|A las fieras, 1887. En depósito en Granada. Iniciou a súa formación no Colexio dos Escolapios de Celanova. Foi discípulo en Valladolid daquela Escola de Belas Artes e de José Martí y Monsó. En 1875 foi premiado en dita Academia polo seu cadro Mozo de cuerda, que se conservaba na mesma. Posteriormente seguiu os seus estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, en París, onde tomou clases durante tres anos con Léon BonnatFernández y Rodríguez-Bastos, Silvio na enciclopedia do Museo do Prado ., e en Roma de 1882 a 1886, cunha bolsa da Deputación de Ourense. miniatura|300px|O xantar, 1890, Museo de Pontevedra. En 1881 concorreu á Exposición Nacional co seu cadro Torquemada ante los Reyes Católicos, que eloxiou a prensa periódica. Na de 1887 obtivo medalla de 3ª clase coa obra ¡A las fieras! (300x500cm), que representa o sacrificio dos primeiros cristiáns.La Ilustración Española y Americana 8/6/1887. Á de 1890 acudiu co lenzo O xantar, de temática costumista.
En 1897 casou en Ourense con Antonia Méndez.
Colaborou co movemento agrarista Acción Gallega,Enciclopedia Galega Universal. intervindo nalgúns mitins.
Hai obra súa no Museo Provincial de Pontevedra, na Academia de Valladolid, na Colección Caixa Galicia, no Carmen de los Mártires de GranadaPatrimonio do Concello de Granada e en coleccións particulares.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Ramón Parada Justel Ligazóns externas Bibliografía sobre o autor en pintoresgallegos.com
Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Pintores de Galicia do século XIX