Arcangelo Scacchi, nado en Gravina di Puglia o 10 de febreiro de 1810 e finado o 11 de outubro de 1893 en Nápoles,Ficha no Senado de Italia foi un xeólogo, mineraloxista e vulcanólogo italiano.Entrada "Scacchi, Arcangelo" na Enciclopedia Treccani

Traxectoria Formación e carreira Iniciou os seus estudos frecuentando os seminarios de Bari e de Gravina: o 1 de outubro de 1827 iniciou en Nápoles os estudos de medicina, que terminou, obtendo a licenciatura en 1831. Pouco despois da licenciatura dedicouse a outros intereses e aplicouse ás ciencias naturais. Foi alumno de Matteo Tondi e de Teodoro Monticelli, secretario perpetuo da Real Academia das Ciencias de Nápoles, que lle mostrou especial benevolencia, poñendo a súa disposición a súa propia colección de minerais e de fósiles. En setembro de 1841 foi nomeado axudante para a demostración dos obxectos na cátedra de mineraloxía da Universidade Rexia de Nápoles e o 1 de agosto de 1844 foi nomeado profesor de mineraloxía e director do Museo de mineraloxía de Nápoles, cargo que desempeñou ata 1891, cando foi nomeado profesor emérito.Arcangelo Scacchi en Dizionario biografico degli italiani, Istituto dell'Enciclopedia Italiana.

En 1861 foi nomeado senador vitalicio do Reino de Italia.

Foi reitor da Universidade de Nápoles de 1865 a 1867 e de 1875 a 1877.

En 1875 foi socio nacional da Accademia dei Lincei.

Finou en Nápoles o 11 de outubro de 1893.

Estudos e investigacións

Os primeiros traballos de Scacchi foron sobre conquioloxía coa redacción do Catalogus Conchyliorum Regni neapolitaniRecensión do libro Catalogus Conchylorum... (Catálogo das cunchas do Reino napolitano) de 1836, e de Notizie geologiche sulle conchiglie che si trovan fossili nell’isola d’Ischia e lungo la spiaggia tra Pozzuoli e Monte Nuovo (Noticias sobre as cunchas que se atopan na illa de Ischia e ao longo da praia entre Pozzuoli e Monte Nuovo) de 1841.L’opera malacologica di Arcangelo Scacchi (1810-1893). Parte II: rassegna critica dei taxa scacchiani. Massimo Cretella, Cinzia Crovato, Paolo Crovato, Giuseppe Fasulo & Francesco Toscano.

Seguidamente, ocupouse case exclusivamente en investigacións no campo da cristalografía, da mineraloxía e da vulcanoloxía, con particular referencia á descrición da morfoloxía e da xénese dos minerais presentes no Vesuvio.Obras de Scacchi en Google Books

No campo da cristalografía foi o descubridor da clase pedial e da poliedría das caras.

Foi o descubridor dalgunhas novas rochas e minerais, como a scacchitaScacchite en Mindat (Scacchi (1855) Mem. Incend. Vesuv.: 181 (as protochloruro di Manganese).; (1869) Tableau minéralogique, Paris: 70) ou a nocerita.Cesare Brisi, Wilhelm Eitel: Nocerite (= Fluoborite) En: American Mineralogist Band 42 (1957), S. 921 (PDF 191,7 kB) Durante os seus estudos sobre cunchas describiu algunhas especies de moluscos.Massimo Cretella, Cinzia Crovato, Paolo Crovato, Giuseppe Fasulo & Francesco Toscano L’opera malacologica di Arcangelo Scacchi (1810-1893). Parte II: rassegna critica dei taxa scacchiani.

Obra O catálogo completo das obras de Scacchi foi compilado en 1891 polo mesmo autor. Está reproducido na necrolóxica publicada en 1894 en Giornale di mineralogia, cristallografia e petrografia.Necrologio con fotografías e catálogo das obras, do Giornale di mineralogia, cristallografia e petrografia, Ulrico Hoepli editore, Vol. V, 1894 (pp. 1-22, on line en Internet Archive)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Arcangelo Scacchi en Treccani.it – Enciclopedie on line, Istituto dell'Enciclopedia Italiana. Arcangelo Scacchi en Enciclopedia Italiana, Istituto dell'Enciclopedia Italiana. Opere di Arcangelo Scacchi en openMLOL, Horizons Unlimited srl. Obras de Arcangelo Scacchi en Open Library, Internet Archive.

Categoría:Xeólogos de Italia Categoría:Nados en 1810 Categoría:Finados en 1893 Categoría:Membros da Accademia Nazionale dei Lincei