Wadjda (en ) é un filme saudita de 2012 escrito e dirixido por Haifa al-Mansur. Foi o primeiro filme rodado completamente en Arabia Saudita e a primeira longametraxe xamais dirixida por unha muller saudita. Gañou numerosos premios en festivais internacionais de cinema. Foi escollido como candidato de Arabia Saudita para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios (sendo a primeira vez que o país se presenta ós Óscars), mais finalmente non foi nomeado. Foi nomeado ó BAFTA ó mellor filme en lingua non inglesa.

Personaxes Reem Abdullah como a nai Waad Mohammed como Wadjda Abdullrahman Al Gohani como Abdullah Sultan Al Assaf como o pai Ahd Kamel como Ms Hussa Ibrahim Al Mozael como Toyshop Owner Nouf Saad como mestre do Corán Rafa Al Sanea como Fatima Alanoud Sajini como Fatin Rehab Ahmed como Noura Dana Abdullilah como Salma Mohammed Zahir como Iqbal, o condutor

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Arabia Saudita propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes de Arabia Saudita Categoría:Filmes dirixidos por Haifaa al-Mansour Categoría:Filmes ambientados en Arabia Saudita