The Perfect Candidate é un filme saudita de 2019 dirixido por Haifa al-Mansur. Foi escollido para competir polo León de Ouro na 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia. Tamén foi escollido como candidato de Arabia Saudita para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Unha médica saudita nova preséntase ás eleccións locais para poder mellorar o acceso ao centro de saúde. Isto forza a súa familia e a comunidade a aceptala como a primeira muller candidata.
Personaxes Mila Al Zahrani como Maryam Alsafan Nora Al Awadh como Sara Dae Al Hilali como Selma
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Arabia Saudita propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes de Arabia Saudita Categoría:Filmes dirixidos por Haifaa al-Mansour