O escribidor pequeno (Emberiza pusilla) é unha ave paseriforme que pertence á familia Emberizidae. É asiática e algunhas aves errantes poden chegar a Europa, incluída Galicia.
Nome
En galego ténselle dado a esta ave na literatura zoolóxica os nomes de escribenta pigmea e escribenta anana,Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. pero o dicionario da Academia non acepta a palabra escribenta para os paxaros emberícidos, senón escribente (feminino) ou escribidora. No dicionario DiGalego só se acepta escribente (masculino).
O nome do xénero Emberiza vén da palabra do alemán antigo Embritz, que era o nome que se lle daba alí a estas aves. O nome específico pusilla en latín significa 'moi pequeno'.
Taxonomía Foi descrita inicialmente por Peter Simon Pallas en 1776 e é unha especie monotípica, sen variacións ao longo da súa extensa área de distribución eurasiática.
Descrición
É un pequeno emberícido, que mide só de 12 a 14 cm de lonxitude. Ten un dorso marrón moi veado e partes inferiores brancas cun fino veado negro. Pola súa face castaña e banda malar branca, lembra unha pequena femia de escribente das canaveiras, pero diferénciano as bandas negras do píleo, o anel ocular branco e a beira fina negra da parte posterior das meixelas castañas. Os sexos son similares.
A chamada é un distintivo zik, e a canción é un vibrante siru-sir-sir-siru.
Ecoloxía
Esta ave cría na taiga do extremo norte de Europa e norte de Asia. É unha ave migratoria, que inverna nos subtrópicos no norte da India, sur da China e parte norte do sueste asiático. As aves permanecen nos seus cuarteis de inverno durante moito tempo; recolléronse exemplares en Yunnan a finais de marzo. Aparece como ave errante rara no oeste de Europa, e en Galicia está considerada como unha ave accidental rara. Esta especie é adaptable; nas montañas de Bután por exemplo, onde inverna un pequeno número delas, atópase normalmente en hábitats agrícolas, maiormente entre os 1000 e 2000 m de altura.
Reprodúcese en bosques de coníferas abertos, a miúdo con algúns bidueiros ou salgueiros. Poñen de catro a seis ovos nun niño feito nas árbores. A súa comida natural consiste en sementes ou, cando están alimentando as crías, insectos. thumb|E. pusilla. A especie é común e ten unha ampla área de distribución, polo que non é considerada especie ameazada na Lista Vermella da IUCN.
Notas
Véxase tamén Bibliogaría
Ligazóns externas
OBC 29 fotografías (ver menú ao final da páxina)
Categoría:Emberícidos Categoría:Animais descritos en 1776