Segundo Abal Padín, nado en Padrenda (Meaño) en 1913 e finado en Pontevedra o 13 de maio de 1938, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Foi mestre de Puerto de la Cruz en 1932. Mestre da escola de Castroagudín (Cea, Vilagarcía de Arousa) dende outubro de 1934. Afiliado á Federación de Trabajadores de la Enseñanza da UGT e a Agrupación Socialista de Vilagarcía de Arousa. Interveu en varios mitins na campaña da Fronte Popular,El Pueblo Gallego, 29-1-1936, p. 7.El Pueblo Gallego, 7-2-1936, p. 11. e na do Estatuto de Autonomía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto. Foi suspendido de emprego e soldo a principios de setembro.Diario de Pontevedra, 31-8-1936, p. 1. Estivo preso na Normal de Pontevedra e no campo de concentración da illa de San Simón. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 9 de febreiro de 1938,Diario de Pontevedra, 8-2-1938, p. 2. foi condenado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra, ás 17:30 do 13 de maio, no quilómetro 1 da Avenida de Uruguai. En abril de 1940 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.El Compostelano, 8-4-1940, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas , Fernando (26/1/2012) "Dentro de dos o tres horas moriré" A derradeira carta do mestre.

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos de Galicia do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Meaño Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1938