A catorra arxentina, tamén chamada cotorra de peito gris,Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. cotorra arxentina ou cata (Myiopsitta monachus) é unha especie de papagaio da familia Psittacidae. É un papagaio pequeno, de cor verde brillante cun peito gris e abdome amarelo cincento. A súa zona de orixe son as áreas temperadas ou subtropicais da Arxentina e países próximos en Suramérica. É un popular animal de compañía. Establecéronse poboacións silvestres en moitos lugares do mundo xeralmente a partir de animais escapados da catividade, principalmente en Norteamérica e Europa, incluíndo Galicia.
Taxonomía
Esta especie foi descrita polo polígrafo francés Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon en 1780 na súa Histoire Naturelle des Oiseaux (Historia natural das aves). O paxaro foi tamén ilustrado nunha placa gravada pintada a man de François-Nicolas Martinet nas Planches Enluminées D'Histoire Naturelle (Pranchas iluminadas de historia natural), que se realizaron baixo a supervisión de Edme-Louis Daubenton para acompañar ao texto de Buffon. Nin na descrición da placa nin no texto de Buffon se incluía o nome científico, pero en 1783 o naturalista holandés Pieter Boddaert acuñou para ela o nome binomial Psittacus monachus no seu catálogo de Planches Enluminées (Pranchas iluminadas). Como Buffon non especificou a orixe do seu espécime, en 1937 o ornitólogo alemán James Peters asignoulle como localización tipo Montevideo, Uruguai. A catorra arxentina está agora situada no xénero Myiopsitta, que foi creado polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte en 1854. O nome do xénero combina a palabra do grego antigo mus, muos, que significa 'rato' e a palabra neolatina psitta, que significa 'papagaio', aludindo á súa face e partes inferiores de cor gris como o pelo do rato. O epíteto de especie monachus procede do latín tardío e significa 'monxe'.
É unha das especies do xénero Myiopsitta, que ten outra chamada Myiopsitta luchsi. Estas dúas catorras eran antes consideradas unha soa especie. Porén, debido a diferenzas morfolóxicas e de comportamento e a desemellanzas xeográficas, a especie M. luchsi foi elevada á categoría de especie. A distribución altitudinal de M. luchsi aparentemente non se solapa coa outra especie, polo que é enteiramente, aínda que por pouco, alopátrica. A American Ornithological Society pospuxo o recoñecemento de M. luchsi como especie distinta "debido aos insuficientes datos publicados".
Recoñécense tres subespecies: M. m. monachus (Boddaert, 1783). Vive na Arxentina desde o sueste da Provincia de Santiago del Estero a través do río Salado e cunca inferior do río Paraná ara a Provincia de Buenos Aires e o Uruguai É a subespecie máis grande. M. m. calita (Boddaert, 1783). Vive nas ladeiras dos Andes ata os 1000 m de altura, desde o sueste de Bolivia (departamentos de Santa Cruz e Tarija) a Paraguai e noroeste da Arxentina, e despois ao oeste da área de monachus, estendéndose polas terras baixas de novo nas provincias de Río Negro e posiblemente Chubut. É máis pequena que monachus, con ás predominantemente azuis, gris de cabeza máis escura. M. m. cotorra (Finsch, 1868). Vive no suroeste do Brasil (Mato Grosso, Mato Grosso do Sur, posiblemente Rio Grande do Sur) (electronic supplement , PDF) a través da cunca do río Paraguai e cunca media do Paraná e tamén o Gran Chaco. É esencialmente idéntica a calita, pero menos amarela por debaixo e en conxunto máis colorida.
As áreas das subespecies encóntranse na área xeral de Paraguai, e alí están insuficientemente delimitadas. A distinción e delimitación especialmente de M. m. calita e M. m. cotorra require maiores estudos.
Igual que outros papagaios neotropicais, a catorra arxentina é normalmente situada na tribo Arini, que podería merecer elevarse a categoría de subfamilia como Arinae. M. monachus pertence ao clado de cola longa destas aves, que mantería o nome Arini/Arinae se este grupo polifilético fose dividido.
Descrición
miniatura|esquerda|Femia de catorra arxentina mantida como animal de compañía A subespecie nomeada desta catorra é de 29 cm de longo como media, cunha envergadura de 48 cm, e pesa 100 g. As femias tenden a sen dun 10 a un 20% máis pequenas, pero só poden ser sexadas de forma fiable con probas de ADN ou probas das plumas. As partes superiores son verdes brillantes. A fronte e o peito son gris claros cun marcado máis escuro e o resto das partes inferiores de verde claro a amarelo. As rémixes son azul escuras e a cola é longa e vaise estreitando. O peteiro é laranxa. A chamada é un forte e gutural chape(-yi) ou cuak cuaki cuak-ui cuarr, e renxidos skvit.
As catorras domésticas criadas como animais de compañía poden ás veces ter outras cores distintas das naturais. Hainas que son brancas, azuis e amarelas en vez de verdes. Tales coloracións proporcionan menos camuflaxe, pero as que escaparon e crearon poboacións silvestres xeralmente teñen a coloración do tipo silvestre.
Comportamento e ecoloxía
miniatura|Niños en Zaragoza, España miniatura|Aves nos seus niños en Santiago de Chile thumb| Myiopsitta monachus
A catorra arxentina é o único papagaio que constrúe un niño feito de paus situado nunha árbore ou nunha estrutura construída polo ser humano, en vez de usar un burato nunha árbore. Esta especie gregaria a miúdo cría en colonias, construíndo un só niño grande con entradas separadas para cada unha das varias parellas que o utilizan. Na natureza, as colonias poden ser bastante grandes, e as parellas ocupan "apartamentos" separados nos niños, os cales poden ter o tamaño dun pequeno automóbil. Estes niños poden atraer moitos outros inquilinos, como aves de presa como o Spiziapteryx circumcincta, patos como Anas flavirostrise incluso mamíferos. Poñen de 5 a 12 ovos que fan eclosión nuns 24 días.
Algo pouco común entre os papagaios é que as parellas desta especie teñen individuos axudantes, que adoitan ser fillos xa crecidos, que axudan a alimentar as crías (ver selección de parentesco).
A duración da vida desta especie é normalmente de entre 15 e 20 anos, pero rexistráronse máximos de 25 a 30 anos.
Distribución
A catorra arxentina é moi común globalmente. Na Arxentina, o Brasil e o Uruguai, considérase unha praga agrícola importante (como xa sinalara Charles Darwin, entre outros). A súa explosión poboacional nas áreas rurais de Suramérica parece estar asociada coa expansión das plantacións de eucalipto para a produción de papel, xa que estes bosques artificiais ofrecen á ave a oportunidade de construír niños ben protexidos onde a competición ecolóxica con outras especies é limitada.
Como especie introducida
miniatura|Catorra arxentina no Parc de la Ciutadella de Barcelona. Existen poboacións estables destas aves que se fixeron silvestres en varios estados dos Estados Unidos e diversas rexións de Europa (concretamente España, Portugal, Azores, Madeira, illas Baleares, Xibraltar, Francia, Córsega, Malta, Chipre, Sardeña, Italia, Grecia, illas do Canal, Gran Bretaña, Irlanda e Bélxica), e tamén na Columbia Británica do Canadá,List of birds of British Columbia Brasil, México, Chile, Israel, Bermuda, Bahamas, illas Caimán, illa de Pascua, Porto Rico, Corea do Sur e o Xapón. Como é unha especie de bosques abertos, adáptase doadamente ás áres urbanas. miniatura|esquerda|Catorra arxentina en San Xoán, Porto Rico.
En áreas onde foron introducidas, témese que causen danos á agricultura e ás especies nativas, mentres que algúns discuten que haxa probas de que as colonias que se fixeron silvestres causen danos e opóñense a exterminar estes paxaros. Porén, existen programas de prohibición e erradicación nalgunhas áreas dos Estados Unidos e outros países. Nalgúns países, as poboacións introducidas non parecen suscitar controversias similares, probablemente porque son pouco numerosas ou porque o seu establecemento en áreas urbanas non supón unha ameaza para as producións agrícolas.
As poboacións que se fixeron silvestres adoitan descender de poboacións fundacionais moi pequenas. Como son sociais e intelixentes, desenvolven algunhas tradicións culturais, como dialectos vocais que difiren entre grupos. En poboacións que descenden dun gran número de aves, hai un conxunto de "dialectos". Porén, se a poboación fundadora é pequena, pode ocorrer un proceso similar á deriva xenética se os fundadores prominentes vocalizan nun "dialecto" pouco común, e este particular xeito de vocalización acaba quedando establecido na colonia final resultante.
miniatura|esquerda|Catorra arxentina na cidade de Chihuahua, México. miniatura|Catorras arxentinas en Santa Ponsa, Mallorca As catorras arxentinas poden verse en Galicia nas Rías Baixas (onde están en expansión; principalmente en Vigo, A Guarda e Moaña), en Madrid, Barcelona, Cádiz, Sevilla, Torremolinos, Málaga, Nerja, València, Tarragona, Roquetas de Mar, Zaragoza, as illas Canarias e Mallorca. En España apareceron por primeira vez en 1985. En parques urbanos con herba, árbores e preto de ríos ou o mar son especialmente frecuentes e abundan en cidades como Madrid e Barcelona. Como son especies invasoras, convertéronse nun problema para a fauna local, como pombas e pardais, pero non tanto para as pegas. Causan tamén problemas ás explotacións agrícolas preto das cidades. En España prohibiuse a posesión, venda, crianza e tráfico de catorras arxentinas desde 2013.El País [https://elpais.com/politica/2015/11/11/actualidad/1447244033_751019.html La plaga de cotorras argentinas llega a los 20.000 ejemplares en España]
Como animal de compañía As catorras arxentinas son aves sociais e moi intelixentes. Os que as teñen como animais de compañía notan que continuamente desenvolven vocabularios de moitas palabras e frases. Debido a esta capacidade temperán de falar, está superando ás cacatúa como paxaro favorito para ensinarlle a falar. Outro factor que contribúe ao crecemento da súa popularidade é que esta ave ten unha esperanza de vida curta e menor prezo que os papagaios grises africanos.
Como a especie está na lista de pragas agrícolas en varios estados dos Estados Unidos, e en Australia Occidental non é legal neses estados vendela ou posuíla, igual que ocorre en España.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
</small>
Ligazóns internas
Entrada sobre a catorra arxentina na World Parrot Trust's Parrot Encyclopedia Guide to ageing and sexing (PDF) de Javier Blasco-Zumeta e Gerd-Michael Heinze
Monk parakeet news from around the world
Categoría:Psitácidos Categoría:Animais descritos en 1783 Categoría:Especies invasoras animais