Manuel Oubiña López, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1901 e finado na Caeira (Poio) o 4 de decembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Carpinteiro. En maio de 1924 foi elixido presidente da sociedade Agraria de Cornazo.El Pueblo Gallego, 14-5-1924, p. 5. Coa proclamación da República foi nomeado membro da Junta provisional Republicana de Vilagarcía.El Compostelano, 16-4-1931, p. 2. Na II República foi concelleiro de Vilagarcía e directivo da Federación Local de Vilagarcía da CNT. Procesado polo xuíz de Cambados acusado de falsidade en documento público, foi destituído polo Gobernador civil en agosto de 1934.El Pueblo Gallego, 23-8-1936, p. 10. Absolto polo xulgado de Cambados, foi reposto no cargo o 19 de xaneiro de 1936.El Pueblo Gallego, 21-1-1936, p. 13.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 21 de novembro con Luis Pando Rivero, Valentín Briones Rey, Jesús Villaverde Rey, José Otero Lago, Román Mondragón Cores, Ángel Navia Cores e Román Torrado Torrado, foi condenado á pena de morte.El Pueblo Gallego, 22-11-1936, p. 3. Foi executado o 4 de decembro na Caeira.Diario de Pontevedra, 4-12-1936, p. 2. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes