Daniel Buhigas Olavarrieta, nado en Vilagarcía de Arousa c. 1901, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Juan Buhigas Abad. Incorporouse a Falange Española en abril de 1934."Como y cuando se fundó la Falange en Villagarcía", El Pueblo Gallego, 17-3-1957, p. 7. Foi Xefe local de Falange de Vilagarcía. Interveu no acto fundacional da Falange en Galicia con José Antonio Primo de Rivera o 17 de marzo de 1935. Foi detido en xuño de 1935 polas súas actividades fascistas.El Pueblo Gallego, 15-7-1935, p. 3. Foi nomeado por José Antonio xefe rexional de Falange Española en Galicia e membro do Consello Nacional de Falange en outubro dese ano. Encarcerado en abril de 1936 con Carlos e Felipe Bárcena Castro, volveu ser detido a finais de maio dese ano cando se atopaba agochado en Vilagarcía, na casa da súa tía Matilde Buhigas Abad.El Diario de Pontevedra, 1-7-1936, p. 2. A raíz da súa detención nomeou xefe provincial de Falange a Manuel Castro Pena.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado conselleiro nacional de Falange. Enfrontado a Manuel Castro Pena,Rivalidades na Falanxe. foi detido o 26 de novembro a raíz do tiroteo entre falanxistas no Bar Nueva España de Vilagarcía, e traslado á prisión provincial. Procesado xunto con José Vaello Pastrana, finalmente foi absolto o 9 de setembro de 1937. En decembro de 1939 participou na organización dunha Xunta Política clandestina da Falange Auténtica que se opuña ao decreto de unificación, presidida polo xeneral Emilio Rodríguez Tarduchy, con Patricio González de Canales, Ricardo Sanz, Ventura López Coterilla, Luis de Caralt, José Antonio Pérez de Cabo, Gregorio Ortega Gil e Ramón Cazañas.Los falangistas que quisieron matar a Franco En 1942 instruíuse expediente para a concesión da Medalla da Vieja Guardia.ABC, 9-7-1942, p. 110. En 1943 era xefe de propaganda oral da Vicesecretaría de Educación Popular.ABC, 27-2-1943, p. 10. Ese ano participou na conmemoración do 17 de marzo en Vilagarcía, facendo entrega das medallas distintivas a camisas viejas de Galicia. Foi reclamado polo Xulgado de Instrución número 1 de Xixón en maio de 1946 acusado de estafa na causa 82/44.Boletín Oficial de la Provincia de Madrid, 9-5-1946, p. 4. Colaborou nas revistas 17 de Marzo e Mire.Mire, 16-2-1946, p. 2.

Vida persoal

Casou en Valencia con Josefina Roglá Aliaga en outubro de 1949,El Pueblo Gallego, 30-10-1949, p. 2. e foi pai de Josefina Buhigas Roglá. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Vilagarcía de Arousa durante la II República

Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1901

Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes