Mildred Dresselhaus, nada en Brooklyn (Estados Unidos) o 11 de novembro de 1930 e finada o 20 de febreiro de 2017, foi unha física e nanotecnóloga estadounidense coñecida como a "raíña da ciencia do carbono", foi a primeira catedrática e catedrática emérita de Física e enxeñaría eléctrica do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Dresselhaus obtivo numerosos premios que inclúen a Medalla Presidencial da Liberdade, a Medalla Nacional de Ciencia, o Premio Enrico Fermi e o Premio Vannevar Bush.
Primeiros anos e educación Mildred Spiewak era a filla de Ethel (Teichtheil) e Meyer Spiewak, inmigrantes polacos xudeus.https://books.google.ca/books?id=B687AAAAMAAJ&q=Meyer+and+Ethel+(Teichtheil)+Spiewak&dq=Meyer+and+Ethel+(Teichtheil)+Spiewakhttps://books.google.ca/books?id=bVhwCwAAQBAJ&pg=PA120
Criada no Bronx, graduouse no Hunter College High School. Obtivo a súa licenciatura polo Hunter College en Nova York en 1951, e por consello da futura premio Nobel Rosalyn Yalow continou os seus estudos de física. Realizou estudos de posgrao na Universidade de Cambridge cunha Bolsa Fulbright e na Universidade de Harvard. Conseguiu o seu doutoramento na Universidade de Chicago en 1958, onde estudou baixo o a dirección do premio Nobel Enrico Fermi. Pasou logo dous anos na Universidade Cornell antes de trasladarse ao Laboratorio Lincoln como empregada. Converteuse en profesora visitante do MIT en 1967, en profesora titular en 1968, e en catedrática de Física en 1983. En 1985, converteuse na primeira muller seleccionada coa distinción máis alta do profesorado no MIT.
Carreira e legado Dresselhaus recibiu a Medalla Nacional de Ciencia en 1990 en recoñecemento ao seu traballo sobre as propiedades electrónicas dos materiais e a promoción de oportunidades para mulleres en ciencia e enxeñaría. E en 2005 recibiu o 11º Premio Heinz na categoría de Tecnoloxía, Economía e Traballo. En 2008 recibiu a Medalla Oersted, e en 2015 a Medalla IEEE de Honra.
De 2000–2001, foi a directora da Oficina de Ciencia no Departamento de Enerxía dos Estados Unidos. De 2003 a 2008, foi a presidenta do consello de goberno do Instituto Estadounidense de Física. Tamén tivo o cargo de presidenta da Sociedade Física Estadounidense, a primeira muller presidenta da Asociación Estadounidense para o Adianto da Ciencia, e tesoureira da Academia Nacional de Ciencias. Dresselhaus dedicou moito tempo a apoiar os esforzos para promover o aumento da participación das mulleres na física. alt=President Barack Obama greets 2010 Fermi Award recipients Dr. Mildred S. Dresselhaus and Dr. Burton Richter in the Oval Office, May 7, 2012|esquerda|miniatura|O Presidente Barack Obama saúda á Dra. Mildred S. Dresselhaus, terceira pola dereita, e ao Dr. Burton Richter, dereita, o 7 de maio de 2012. En 2012 Dresselhaus acadou o Premio Enrico Fermi, xunto a Burton Richter. O 31 de maio de 2012 Dresselhaus recibiu o Premio Kavli, "polas súas contribucións pioneiras no estudo do fonón, as interaccións fonón-electrón, e o transporte térmico nas nanoestructuras."Queen of Carbon Science, U.S. News & World Report.2012 Kavli Prizes/Mildred S. Dresselhaus/2012 Nanoscience Citation , Kavli Foundation.
En 2014, recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade.
Dresselhaus distinguiuse en especial polo seu traballo sobre o grafito, os compostos de intercalación do grafito, os fullerenos, os nanotubos de carbono, e o efecto termoeléctrico de baixa dimensión. O seu grupo fixo frecuente uso da estrutura de banda electrónica, o efecto Raman, e a fotofísica das nanoestructuras de carbono. Entre os antigos alumnos de Dresselhaus atópanse recoñecidos científicos materiais tales como Deborah Chung e James S. Speck e físicos notables como Nai-Chang Yeh, Greg Timp, Mansour Shayegan, Lourdes Salamanca Riba, e Ahmet Erbil.
Dresselhaus explorou o potencial dos nanotubos de carbono. Os seus máis de 1700 traballos na materia e a coautoría de oito libros merecéronlle o apoio de Raíña do Carbono.
Hai varias teorías físicas que reciben o nome de Dresselhaus. O modelo Hicks-Dresselhaus (L. D. Hicks e Dresselhaus) . O modelo SFDD (Riichiro Saito, Mitsutaka Fujita, Xene Dresselhaus, e Mildred Dresselhaus) que foi o primeiro en predicir as estruturas de banda dos nanotubos de carbono. O efecto Rashba-Dresselhaus refírese á interacción orbito-xiratoria modelada por Gene Dresselhaus, o marido de Mildred Dresselhaus.
Na cultura popular En 2017 Dresselhaus apareceu nun anuncio para a campaña de General Electric co fin de conseguir 20 000 mulleres en STEM para 2020.https://www.youtube.com/watch?v=sQ6_fOX7ITQ
Honras e premios
Título honorario de Doutora de Ciencia da ETH Zúric, 2015. Medalla IEEE de Honra, 2015 (primeira muller en recibila) Indución no Salón da Fama de Inventores dos Estados Unidos, 2014. Medalla presidencial da Liberdade, 2014. Título honorario de Doutora de Ciencia, Universidade Politécnica de Hong Kong, 2013. Premio Arthur R. von Hippel, Sociedade de Investigación de Materiais, 2013.MIT Premio Kavli en Nanociencia, 2012. Premio Enrico Fermi (segunda muller en recibilo), 2012. Premio Vannevar Bush (segunda muller en recibilo), 2009. Premio ACS por Animar ás Mulleres a entrar en Carreiras de Ciencias Químicas, 2009. Premio Oliver E. Buckley Premio de Materia Condensada, Sociedade Física Estadounidense, 2008. Medalla Oersted Medalla, 2007. Premios L'Oréal-Premios da UNESCO para Mulleres na Ciencia, 2007. Premio Heinz de Tecnoloxía, Economía e Traballo, 2005. Medalla dos Fundadores do IEEE, 2004. Medalla Karl Taylor Compton de Liderado en Física, Instituto Estadounidense de Física, 2001. Medalla de Logros en Ciencia de Carbono e Tecnoloxía, Sociedade de Carbono estadounidense, 2001. Membro honorario do Instituto Ioffe, Academia rusa de Ciencias, San Petersburgo, Rusia, 2000. Premio de Avance de Materiais nacional da Federación de Sociedades de Materiais, 2000. Doutoramento honorario da Universidade católica de Leuven, Bélxica, febreiro 2000. Medalla Nicholson, Sociedade Física estadonunidense, marzo 2000. Premio Instituto Weizmann Logro do Milenio, xuño 2000. Premio SGL de carbono, Sociedade de Carbono estadounidense, 1997. Medalla Nacional de Ciencia, 1990. Premio de Logros da Asociación de Mulleres Enxeñeiras, 1977.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Mulleres en física
Ligazóns externas Entrevista de vídeo con Millie Dresslhaus pola Vega Science Trust. (en inglés) Biografía de Dresselhaus do IEEE.(en inglés)
Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:National Medal of Science Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Alumnos da Universidade Cornell Categoría:Profesores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Estadounidenses de ascendencia polaca Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Nanotecnólogos