Pina é un filme documental alemán de 2011 sobre a coreógrafa de danza contemporánea Pina Bausch. Foi dirixido por Wim Wenders. Estreouse fóra de competición na 61ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín. Durante a preparación do documental, Pina Bausch morreu inesperadamente. Wenders cancelou a produción do filme, mais outros bailaríns do Tanztheater Wuppertal convencérono de facer o filme de tódolos xeitos. Amosa os bailaríns que falan sobre Pina e realizan algunhas das súas pezas máis coñecidas no Tanztheater Wuppertal e en varias localizacións da cidade de Wuppertal.

Pina foi escollido como candidato de Alemaña para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 84ª edición dos premios e foi presentado tamén na categoría de mellor documental. En xaneiro de 2012, o filme foi escollido como un dos nove filmes da lista curta para o premio ó mellor filme en lingua non inglesa, mais finalmente non foi noemado. Si foi nomeado na categoría de mellor documental.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Alemaña propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 84ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de 2011 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Wim Wenders