O Reino de Francia Oriental ou Reino Franco Oriental ou do leste ( en latín, Francia Orientalis ) foi a terra de Lois o Xermánico despois do Tratado de Verdún en 843, que dividiu o Imperio Carolinxio entre os francos do leste, oeste e do medio. Foi o precursor do Sacro Imperio Romano Xermánico e da Alemaña moderna. Supoñendo que o inicio do Sacro Imperio Romano Xermánico comezou coa dinastía otónica, o Reino da Francia Oriental perdurará desde 843 ata a coroación do duque Henrique I de Saxonia en 919. Máis frecuentemente, considérase que o Imperio comezou no 962, coa entronización de Odón o Grande (translatio imperii).
A Francia Oriental dividiuse en catro ducados: Suabia (Alamania), Franconia, Saxonia e Baviera (incluíndo Moravia e Carintia) . Despois da morte de Lotario II en 869, engadíronse algunhas partes do Reino de Lotarinxia.
Esta repartición durou ata a caída da dinastía Hohenstaufen (1268).
Dende o século X, a Francia Oriental foi coñecida como Regnum teutonicum ("Reino Teutónico" ou "Reino de Alemaña"), termo prevalente en tempos sálicos. miniatura|As divisións do Imperio carolinxio segundo o Tratado de Verdún (843): en verde a Francia Orientalis. Este mapa había sufrir importantes modificacións co Tratado de Meerssen (870).|centro Notas
Véxase tamén Lista de reis xermánicos. Categoría:Territorios carolinxios Categoría:Estados desaparecidos de Europa