Lois IV, nado en Oettingen en 893 e finado en Regensburg en setembro de 911, chamado "o Neno", era fillo de Arnulfo de Carintia e rei da Francia OrientalA Francia oriental é, a grandes trazos, a predecesora dos actuais estados de Alemaña, Austria, Suíza e países do Benelux. e de Lotarinxia e o último representante carolinxio na Francia Oriental. Traxectoria Era o único fillo de Arnulfo e a súa muller Ota. Foi rei baixo rexencia desde a morte do seu pai en decembro de 899 ata a súa morte un ano despois.
Foi coroado rei en Forchheim por Hatto de Mainz, bispo dotado de gran prudencia e que gobernou o reino en tempos de gran turbulencia, exercendo unha especie de tutela sobre o monarca.
O seu breve reinado estivo marcado polo ascenso dos ducados hereditarios, as loitas entre os vasalos e os ataques dos húngaros. Estes últimos inflixiron unha grave derrota aos alemáns, que aceptaron pagarlles un tributo anual a cambio da terminación dos ataques.
Lois morreu célibe e foi enterrado preto de seu pai en Regensburg, e con el a rama carolinxia extinguiuse en Alemaña. Foi sucedido no trono xermánico por Conrado I, fillo da súa irmá e duque de Franconia.
Familia Devanceiros
Notas
Categoría:Nados en 893 Categoría:Finados en 911 Categoría:Nados en Baviera Categoría:Reis de Lotarinxia Categoría:Reis de Francia Oriental