Quen a ferro mata (en ) é un filme galego-francés de 2019 dirixido por Paco Plaza. Está protagonizado por Luís Tosar e Xan Cejudo. Os créditos do filme están adicados a Xan Cejudo, que faleceu case un ano antes da estrea do filme.
Enric Auquer gañou o Premio Goya ó mellor actor revelación pola súa intepretación no filme. Na 18ª edición dos Premios Mestre Mateo, conseguiu 15 nomeamentos, entre eles o de mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor guión ou fotografía.
Estreouse en galego o 1 de abril de 2021 a través da TVG.
Sinopse Mario traballa como enfermeiro nunha residencia de Galicia, onde é querido por todo o mundo. Un día ingresa na residencia o coñecido narcotraficante Antonio Padín. Mario, comprometido coa súa profesión, faille sentir como na casa. Despois da retirada de Padín, os seus fillos Kike e Toño póñense á fronte do clan familiar.
Personaxes Luís Tosar como Mario Voz da dobraxe galega de Matías Brea. Xan Cejudo como Antonio Padín Voz da dobraxe galega de Tacho González. María Vázquez como Julia Voz da dobraxe galega dela mesma. Ismael Martínez como Toño Voz da dobraxe galega de Antón Rubal. Enric Auquer como Kiko Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández.
Produción Foi rodado en localizacións da Coruña, Cambados, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Paco Plaza Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados na Coruña Categoría:Filmes sobre asistencia sanitaria Categoría:Filmes sobre criminais Categoría:Filmes sobre drogas Categoría:Filmes de Atresmedia Cine Categoría:Filmes de 2019 con versión en galego