La Órbita de Endor (tamén coñecido coas siglas LODE) é un podcast español creado no 2011 dirixido e presentado por Antonio Runa. O programa atangue a ciencia ficción e a fantasía principalmente, incluíndo temas como banda deseñada, literatura, videoxogos, cinema e series, anime e mangas.
No ano 2015, a descarga media semanal dos programas roldaba entre 15 000 e 20 000, sendo un dos podcasts con máis oíntes de España.
O podcast conta con tres clases de programas, estándar, monográfico e especial, e no ano 2020 estreou a súa tempada número 10.
Nome O nome do podcast pode entenderse como unha dobre referencia ao fandom de fantasía e ciencia ficción: o planeta Endor da saga da Guerra das galaxias e tamén ó termo élfico Endor ou Endórë do Señor dos Aneis.
O proxecto chamouse inicialmente Gate Tannhäuser (A Porta de Tannhäuser) en honra ao famoso monólogo de Roy Batty, unha réplica da película Blade Runner, pero debido á dificultade de deletrear o título o nome foi cambiado. Proxecto LODE
O podcast principal foi evolucionando co tempo, modificando e mudando a súa estrutura, calidade e lonxitude.
Ademais o podcast espallouse en novos subprodutos: El legado de Endor (ELDE), o programa que xurdiu para substituír ao podcast principal durante o período estival, cun ton máis informal e mantendo a calidade do orixinal. Alternativa Loder, podcast irmán máis distendido onde priman as novas e as opinións por riba da documentación e acóllense aqueles temas que non teñen cabida en LODE. Balas sobre Endor, gravacións dedicadas a analizar cine negro dirixido por El Coronel Kurtz. Endor`s cut, programas que se centran na actualidade. Endorians neste spin-off de LODE analizan distintos títulos dende unha perspectiva diferente desagregando teorías ou conceptos. Extraorbita Hithorso`s jukebox Características O podcast caracterizase por unha edición coidada, unha documentación extensa e tamén é recoñecida na podcastfera pola duración dos programas, sendo no comezo o habitual programas de 1 hora o hora e media e mesmo chegando en programas partillados ás case 16 horas como nos catro especiais de Superman (tempada 5, programas 17-19) ou as 20 horas no especial á figura de Batman (tempada 3, programas 36-39) + Evolución da duración dos programas Tempada Programa Título Tempo 1 21 Final Fantasy 2:11:44 2 23 Especiales Star Wars 4:06:14 3 14 El Hobbit 5:15:09 3 24 Especial 100 programas 6:09:29 6 12 Especial parte 1 Galactica (programa completo 15:27:30) 8:01:01
Recoñecementos e premios Premio do Público ao Mellor Podcast do 2013 entregado por ASESPOD (Asociación de escuchas del podcasting) Premios Ivoox 2019 categoría ocio, segundo finalista. Premios Ivoox 2021 categoría ocio, gañador. Premios Ivoox 2022 categoría cine, gañador. Premios Ivoox 2023 categoría cine, gañador.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do podcast La Orbita de Endor Descargas da plataforma iTunes para La Orbita de Endor Descargas da plataforma iVoox para o podcast La Orbita de Endor Páxina de inicio de La Orbita de Endor, Blogspot, aínda en uso
Categoría:Podcasts