Alice Augusta Ball, nada en Seattle o 24 de xullo de 1892Brown (2012) e finada o 31 de decembro de 1916, foi unha química estadounidense que desenvolveu o único tratamento eficiente para tratar a lepra ata a chegada dos antibióticos na década dos 40.
Tamén foi a primeira muller e a primeira muller negra en graduarse na Universidade de Hawai e obter un título de máster e dar clases na universidade.
Vida persoal e educación Tiña dous irmáns máis vellos e unha irmá máis nova. A súa familia era de clase media, e o seu pai era un editor de xornal, fotógrafo e avogado. O seu avó, James Presley Ball, foi un famoso fotógrafo e o primeiro afroamericano dos Estados Unidos en aprender o daguerrotipo. Viviron en Seattle até 1902 en que marcharon a Hawai para tratar a artrite do avó. Alí estiveron até 1904 en que morreu o seu avó. Daquela, retornaron a Seattle.Swaby (2015), pp. 11-13
Alice estudou química farmacéutica na Universidade de WashingtonGutman & Golden (2011), p. 15 e en catro anos recibiu unha segunda licenciatura en farmacia. Co seu profesor de Farmacia publicou un artigo de 10 páxinas na prestixiosa revista American Chemical Society titulado "Benzoylations in Ether Solution".
Despois de graduarse, Alice recibiu bolsas na Universidade de California en Berkeley e na Universidade de Hawai. Optou pola Universidade de Hawai onde obtivo o máster en química, converténdose na primeira muller e na primeira muller afroamericana en obter un máster na institución.
Investigacións Na Universidade de Hawai, para o seu traballo de posgrao, Alice estudou a composición química e o ingrediente activo do kava (Piper methysticum), unha planta orixinaria das illas do océano Pacífico. Debido a este traballo, foi contactada polo Dr. Harry T. Hollmann no Hospital Kalihi en Hawai, quen necesitaba un asistente para a súa investigación sobre o tratamento da lepra. Nese momento, a lepra ou a enfermidade de Hansen era unha enfermidade altamente estigmatizada con apenas ningunha posibilidade de recuperación. Mesmo as persoas diagnosticadas con lepra eran levadas á illa hawaiana de Molokai coa intención de que morreran aló.
O aceite de chaulmoogra xa era empregado dende moito tempo antes para tratar a enfermidade de Hansen, ou a lepra con resultados problemáticos: era demasiado pegañento para ser empregado de xeito efectivo por vía tópica, e como inxección, a consistencia viscosa do aceite creaba unha ampolas por baixo da pel e lugar de ser absorbido e estas ampolas orixinan unha fileiras e semellaba que " a pel do paciente fora substituída por un envoltorio de burbullas". Finalmente, a toma oral do aceite tampouco era moi efectiva polo sabor agre que provocaba o vómito dos pacientes e dores de estómago.
Alicia conseguiu desenvolver un proceso para illar os ésteres etílicos dos ácidos graxos no aceite de chaulmoogra para que puideran ser inxectados, pero morreu antes de publicar os resultados. Arthur L. Dean, químico e presidente da Universidade de Hawai, continuou o seu traballo e publicou os resultados, comezando a produción a grande escala do extracto de chaulmoogra inxectable. Publicou a investigación sen mencionar a Alice e nomeou a técnica Dean Method, ata que Hollmann o advertiu sobre o traballo de Alice.
En 1918, un médico de Hawai publicou no Journal of the American Medical Association que 78 pacientes foron dados de alta do hospital de Kalihi tras ser tratados coas inxeccións. O ingrediente activo foi o mellor método para tratar a enfermidade de Hansen ata que se desenvolveron fármacos con sulfonamida na década de 1940.
Morte e legado Alicia faleceu aos 24 anos, o 31 de decembro de 1916. Enfermou mentres investigaba e regresou a Seattle para recibir tratamento mais morreu poucos meses despois. No 1917 , un artigo o xornal Pacific Commercial Advertiser suxeriu a hipótese de que a causa da súa morte púidose deber ao envelenamento por cloro mentres investigaba e impartía clases. Porén, a causa real da morte é descoñecida pois o certificado de defunción orixinal foi, posteriormente, modificado indicando a tuberculose como causa.Jackson (2004)
Aínda que a súa carreira foi curta, Alice introduciu un novo tratamento para a enfermidade de Hansen que permaneceu en uso ata a década de 1940, salvando centos de vidas.
A Universidade de Hawai non recoñeceu o seu traballo ata a década dos noventa. En 2000, a universidade finalmente recoñeceu e honrou o nome de Alice Ball cunha placa xunto á árbore do chaulmoogra. O mesmo día, o ex gobernador de Hawai, Mazie Hirono, declarou o 29 de febreiro o Día Alice Ball, que se celebra cada catro anos.
Alice foi honrada, postumamente, polo consello de administración da Universidade de Hawaii cunha medalla de honra no 2007.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Zinthia Palomino e Nina Sefcik (2019). Mujeres negras en la ciencia. Editorial: Mujeres negras que cambiaron el Mundo. ISBN: 978-84-09-08025-0
Ligazóns externas Episodio 7: Alice Ball dos podcasts de Babes of Science
Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Seattle, Washington Categoría:Finados en 1916 Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados por tuberculose