María del Carmen Martínez Domínguez, nada o 4 de novembro de 1960 en Vigo e finada o 29 de maio de 2015 na mesma cidade, foi unha xogadora de baloncesto galega. Xogou como pivote no equipo Bosco Celta.

Traxectoria Ao longo da súa traxectoria como xogadora chegou a gañar 5 títulos de Liga e 4 da Copa da Raíña. Co equipo da selección feminina de baloncesto de España xogou o Campionato Europeo de Baloncesto Feminino en 1978 e 1980.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Carmen Martínez na páxina da Federación Internacional de Baloncesto Perfil de Carmen Martínez na páxina da Selección Feminina Absoluta

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1960 Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Finados en 2015