miniatura|dereita|Panorámica da cidade. Santa Bárbara (en inglés Santa Barbara), é unha cidade do estado de California (Estados Unidos), que é a capital do condado de Santa Bárbara (en inglés, Santa Barbara County). Ademais de ser un popular destino turístico, a economía da cidade comprende outros numerosos servizos: educación, tecnoloxía, atención médica, finanzas, agricultura, manufacturas e goberno local. En 2004 o sector servizos supoñía o 35 % dos empregos da urbe.The 2006 Santa Barbara County Economic Outlook.

A cidade foi fundada como unha misión franciscana por frei Junípero Serra.Santa Barbara. Athanasius.com. Consultada o 10 de febreriro de 2020.

Xeografía miniatura|210px|esquerda|Foto aérea da cidade miniatura|210px|En vermello, localización da cidade de Santra Bárbara no condado homónimo. (Á esquerda, situación do condado no estado de Caifornia)

A cidade, situada na costa a unha altitude media de 49 msnm, ocupa unha superficie de 108,75 km².

Segundo o censo de 2010 tiña unha poboación de 88 410 habitantes, polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 812,94 hab./km². E, en 2018, a súa poboación estimábase en 91 350 habitantes.Population and Housing Unit Estimates Tables. census.gov.

Localizada ao noroeste de Os Ánxeles, dista desta cidade aproximadamente 140 km, ao longo da costa do Pacífico.

A área urbana contigua, que inclúe as cidades de Goleta e Carpinteria, xunto coas rexións "non incorporadas" de Illa Vista, Montecito, Mission Canyon, Hope Ranch, Summerland e outras, ten unha poboación aproximada de 220 000 habitantes. O condado do que é capital, situado nunha sección de costa orientada cara ao sur, a sección máis longa da costa oeste dos Estados Unidos, tiña unha poboación 2010 de 423 895 habitantes.United States Census 2010 .

A cidade atópase entre as montañas de Santa Ynez e o océano Pacífico. As montañas Santa Ynez percorren o condado, e a cidade, de leste a oeste, e érguense detrás da cidade con varios cumios que exceden os 1 200 m. Dentro e alén das montañas de Santa Ynez, atópase Los Padres National Forest (o Bosque Nacional Los Padres), que contén varias áreas silvestres. O Parque Nacional das illas do Canal e o Channel Islands National Marine Sanctuary (Santuario Mariño Nacional das illas do Canal) atópanse aproximadamente a 32 km da costa.

Clima O clima de Santa Bárbara a miúdo descríbese como de tipo mediterráneo, e a cidade promóvese turisticamente como a "Riviera italiana-americana".

Historia Época precolombiana As evidencias de habitación humana da área datan de polo menos hai 13 000 anos. A evidencia dunha presenza paleoindia inclúe un lugar de cultura clovis encontrado na década de 1980 ao longo da costa occidental do actual condado de Santa Bárbara, así como os restos de "Arlington Springs Man", encontrados na illa de Santa Rosa na década de 1960. Estímase que entre 8 000 e 10 000 indíxenas americanos chumash, os primeiros habitantes da zona, que se estableceron en modestas casas de madeira e en covas das montañas Santa Ynez, vivían na costa sur do actual condado no momento das primeiras exploracións españolas.

Cinco aldeas chumash floreceron en la zona. A área actual do Santa Barbara City College era a vila de Mispu; o lugar de Los Baños pool (ao logo da praia oeste) era a aldea de Syukhtun, o pobo do gran xefe Yanonalit situado entre as rúas Bath e Chapala; Amolomol estaba na desembocadura de Mission Creek, e Swetete, sobre o actual refuxio de aves.

Época española O explorador portugués João Cabrilho, ao servizo do Reino de España, navegou a través do que agora se chama o Canal de Santa Bárbara en 1542, ancorando brevemente na zona. En 1602 navegante e explorador español Sebastián Vizcaíno deulle o nome de "Santa Bárbara" ao canal e tamén a unha das illas do Canal, a illa de Santa Bárbara.

Unha expedición terrestre dirixida por Gaspar de Portolà, primeiro gobernador das Californias (Alta e Baixa), visitou a zona contra 1769, e o misioneiro franciscano Juan Crespí, que acompañou á expedición, nomeou a unha gran cidade nativa como "Laguna de la Concepción". Porén, o nome anterior de Cabrilho, foi o que sobreviviu.

Os primeiros residentes europeos permanentes foron misioneiros e soldados españois, baixo Filipe de Neve, que chegou en 1782 para construír o Presidio Real de Santa Bárbara. Foron enviados tanto para fortalecer a rexión contra a expansión doutras potencias como Inglaterra e Rusia, e para converter aos nativos ao cristianismo. Moitos dos soldados españois levaron ás súas familias con eles, e formaron o núcleo da pequena cidade, ao principio só un grupo de construcións de adobe, que rodeaban o Presidio. A Misión de Santa Bárbara estableceuse na festividade de Santa Bárbara, o 4 de decembro de 1786. Foi a décima das Misións de California fundada polos franciscáns españois.Old Mission Santa Barbara. Our History.

A poboación foi fundada o 24 de marzo de 1782 por frei Junípero Serra co nome de Misión y Presidio de Santa Bárbara.Blessed Junípero Serra . O padre Fermín Lasuén sucedeu ao padre Junipero Serra como segundo presidente da Rede de Misións Franciscanas de California. Os padres da Misión comezaron o lento traballo de converter aos nativos chumash ao cristianismo, construíndo unha aldea para eles nos terreos da Misión. Os traballadores chumash construíron unha conexión entre o regato do Cañón e o sistema de condución de augas da Misión de Santa Bárbara mediante unha presa e un acueduto.Redmon, Michael (20 de xaneiro de 2015): "The History of Rattlesnake Canyon". Santa Barbara Independent. Consultado o 10 de fenreiro de 2020. Durante as seguintes décadas, moitos dos nativos morreron de enfermidades como a varíola, contra a que non tiñan inmunidade natural.

O acontecemento máis dramático do período español foi o gran terremoto de 1812, dunha magnitude estimada de 7,1, e o tsunami conseguinte, que destruíu a Misión e toda a cidade; a auga chegou á altura da actual rúa Anapamu, e levou un barco a unha distancia de media milla até o Canón Refugio.1812 California Tsunami Carried a Ship Inland Los ´Angeles Times, 9 de xaneiro de 2005. Consultado o 10 de febreiro de 2020. A Misión foi reconstruída en 1820. Despois do terremoto, os padres da Misión decidiron reconstruíla dunha maneira máis grandiosa, e é esta construción a que sobrevive nos nosos días, e a mellor conservada das Misións de California, e que aínda funciona como unha igrexa activa dos franciscanos.Old Mission Santa Barbara Library and Archives. Consultado o 10 de febreiro de 2020.

O período español terminou en 1822 co final da Guerra de Independencia de México, que puxo fin a 300 anos de dominio colonial. A bandeira de México izouse no mastro do Presidio, pero só durante 24 anos. Moitos nomes das rúas de Santa Bárbara reflicten este período de tempo. Os nomes de de la Guerra e Carrillo, por exemplo, proveñen de cidadáns desta época, que foron fundamentais na construción da cidade, polo que foron honrados cos nomes destas rúas.Redmon, Michael (21 de novembro de 2014): "The History Behind Street Names". Santa Barbara Independent. Consultado o 10 de febreiro de 2020.

Época mexicana e "Período Rancho" Despois de que o goberno mexicano secularizara as misións na década de 1830, os rexistros de bautizo, matrimonio e enterro das outras misións foron transferidos a Santa Bárbara, e hoxe encóntranse no Arquivo-Biblioteca da Misión de Santa Bárbara.

miniatura|270px|Mapa da negociación da fronteira entre México e os Estados Unidos (1845-1848) como parte da Guerra de Intervención estadounidense en México

Despois da secularización forzada das Misións en 1833, os sucesivos gobernadores mexicanos distribuíron as grandes extensións de terra que anteriormente tiña a Orde franciscana entre varias familias para recompensaren os servizos prestados ou construír alianzas.

Estas concesións de terras a familias notábeis locais marcaron comezo do chamado "Período Rancho" na historia de California e de Santa Bárbara. Fernando Tico foi un dos primeiros poboadores que recibiu concesións de terras na zona. Fernando liderou aos nativos americanos contra os piratas arxentinos no século XIX. A poboación seguía sendo escasa, con enormes explotacións gandeiras (ranchos) dirixidas por familias adiñeiradas. Foi durante este período no que Richard Henry Dana, Jr. visitou por primeira vez Santa Bárbara e escribiu sobre a cultura e a xente do lugar no seu libro Two Years Before the Mast.

Santa Bárbara caeu sen derramamento de sangue ante un batallón de soldados estadounidenses ao mando de John C. Frémont o 27 de decembro de 1846, durante a Guerra dos Estados Unidos-México (Mexican-American War, en inglés, ou Intervención estadounidense en México, como se coñece neste país).

E despois do Tratado de Guadalupe Hidalgo, en 1848, o territorio da ampla Alta California, o territorio de Santa Fe de Novo México, e o da República de Texas, convertéronse en parte duns Estados Unidos en expansión.

Mediados e finais do século XIX miniatura|esquerda|A State Street en 1880 mirando cara ao norte desde a rúa Canon Perdido miniatura|Sala Mural (anteriormente Sala de Audiencias da Xunta de Supervisores) dentro do Palacio de Xustiza do condado de Santa Bárbara. Os murais representan a historia de Santa Bárbara. Esta sala utilízase ocasionalmente como sala de audiencias.

Un gran cambio se produciu rapidamente despois da adquisición de Santa Bárbara polos Estados Unidos. A poboación duplicouse entre 1850 e 1860. En 1851, o agrimensor Salisbury Haley deseñou o trazado do plano das rúas en cuadrículas. Construcións de madeira substituíron as de adobe cando os colonos estadounidenses se estableceron alí. Durante os anos da febre do ouro e os seguintes, a cidade converteuse nun refuxio para bandidos e xogadores, e nun lugar perigoso e sen lei. O carismático xogador e bandoleiro Jack Powers tiña o control virtual da cidade a principios da década de 1850, até que foi expulsado por un grupo organizado en San Luis Obispo. O inglés foi gradualmente substituíndo ao español como o idioma da vida cotiá, converténdose no idioma do rexistro oficial en 1870. O primeiro xornal, o Santa Barbara Gazette, foi fundado en 1855.

Aída que a Guerra civil estadounidense tivo poucos efectos en Santa Bárbara, a desastrosa seca de 1863 puxo fin ao "Período Rancho", xa que a maioría do gando morreu e os ranchos dividíronse e vendéronse. Mortimer Cook, un empresario rico, chegou en 1871 e abriu o primeiro banco da cidade. Cook despois exerceu durante dous mandatos como alcalde.

Cook fundou o primeiro National Gold Bank of Santa Barbara en 1873. O edificio de Stearns Wharf en 1872 mellorou a accesibilidade comercial e turística de Santa Bárbara; anteriormente, os bens e os visitantes tiñan que trasladarse desde os barcos de vapor a embarcacións máis pequenas para chegar a terra. Durante a década de 1870, o escritor Charles Nordhoff promoveu a cidade como un centro de saúde e destino para viaxeiros acomodados doutras partes dos Estados Unidos; moitos deles foron alí, e moitos quedaron. O luxoso hotel Arlington data deste período. En 1887 o ferrocarril finalmente chegou até Os Ánxeles e, en 1901, a San Francisco: daquela podíase acceder facilmente a Santa Bárbara por terra e mar, e o desenvolvemento posterior foi rápido.

Peter J. Barber, un arquitecto, deseñou moitas residencias de estilo vitoriano tardío e exerceu dúas veces como alcalde, en 1880 e, novamente, en 1890. Un ano despois do mandato de Barber como alcalde, o presidente Benjamin Harrison foi o primeiro dos cinco presidentes que visitaron Santa Bárbara.

Principios do século XX até a segunda guerra mundial miniatura|250px|Mapa dos campos de petróleo e gas de Santa Barbara.