miniatura|Zhang Yimou dirixiu o primeiro filme de Hong Kong nomeado para o premio, Dà Hóng Dēnglóng Gāogāo Guà.

Hong Kong presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1959. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

A China, Hong Kong e Taiwán están consideradas pola Academia como entidades separadas e envían cadanseu filme á competición. Dous filmes de Hong Kong acadaron candidatura, ambos realizados por directores da China continental. Aínda que unha das marcas do cinema de Hong Kong era o uso da lingua cantonesa, menos da metade dos filmes seleccionados foron nesa lingua.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Hong Kong para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Título en chinés Lingua(s) Director Resultado 1959(32ª) Yu guo tian qing 雨過天青 Mandarín Yueh Feng 1960(33ª) Qian nü you hun 倩女幽魂 Mandarín Han Hsiang Li 1963(36ª) Liáng Shānbó yǔ Zhù Yīngtái 梁山伯与祝英台 Mandarín Han Hsiang Li 1964(37ª) Gù dū chūn mèng 新啼笑姻缘 Mandarín Ho Meng Hua, Yueh Feng, Doe Ching Luo Zhen, Yen Chun, Hsieh Chun 1966(39ª) Dà zuì xiá 大醉俠 Mandarín King Hu 1969(42ª) Dǒng fūrén 董夫人 Mandarín Tang Shu Shuen 1976(49ª) Yíng tái qì xuè 瀛台泣血 Mandarín Han Hsiang Li 1979(52ª) Kong shan ling yu 空山灵雨 Mandarín King Hu 1984(57ª) Si shui liu nian 似水流年 Cantonés Yim Ho 1989(62ª) Cat siu fuk 七小福 Cantonés Alex Law 1990(63ª) Ba ya jin 八兩金 Cantonés Mabel Cheung 1991(64ª) Dà Hóng Dēnglóng Gāogāo Guà 大紅燈籠高高掛 Mandarín Zhang Yimou 1993(66ª) Adeus á miña concubina 霸王別姬 Mandarín Chen Kaige 1994(67ª) Tiānguó nìzǐ 天国逆子 Mandarín Yim Ho 1995(68ª) Nu ren si shi 女人,四十 Cantonés Ann Hui 1996(69ª) Hu-Du-Men 虎度門 Cantonés Shu Kei 1998(71ª) Xiang Gang zhi zao 香港製造 Cantonés Fruit Chan 1999(72ª) Qian yan wan yu 千言萬語 Cantonés Ann Hui 2000(73ª) Faa yeung nin wa 花樣年華 Cantonés e shanghainés Wong Kar-wai 2001(74ª) Chuen jik sat sau 全职杀手 Cantonés, xaponés e inglés Wai Ka-Fai e Johnnie To 2002(75ª) Tian mai zhuan qi 天脈傳奇 Inglés Peter Pau 2003(76ª) Mou gaan dou 無間道 Cantonés Andrew Lau e Alan Mak 2004(77ª) Dai zek lo 大隻佬 Cantonés Wai Ka-Fai e Johnnie To 2005(78ª) Ru guo 如果•愛 Mandarín e cantonés Peter Ho-Sun Chan 2006(79ª) Yè Yàn 夜宴 Mandarín Feng Xiaogang 2007(80ª) Fong juk 放逐 Cantonés Johnnie To 2008(81ª) Hua pi 畫皮 Mandarín Gordon Chan 2009(82ª) Lei wangzi 淚王子 Mandarín Yonfan Hollywood Reporter Hong Kong, Taiwan make Oscar picks 8 de setembro de 2009. Consultado o 15 de outubro de 2011 2010(83ª) Sui yuet san tau 歲月神偷 Cantonés Alex Law 2011(84ª) Tou ze 桃姐 Cantonés Ann Hui 2012(85ª) Duo ming jin 奪命金 Cantonés Johnnie To 2013(86ª) Yī dài zōng shī 一代宗師 Mandarín e cantonés Wong Kar-wai 2014(87ª) Huǎng jīn shí dài 黄金时代 Mandarín Ann Hui 2015(88ª) Po feng 破風 Mandarín Dante Lam 2016(89ª) Daap hyut cam mui 踏血尋梅 Cantonés Philip Yung 2017(90ª) Yat nim mou ming 一念無明 Cantonés Wong Chun 2018(91ª) Hóng Hǎi Xíng Dòng 红海行动 Mandarín Dante Lam 2019(92ª) Sǎo Dú Èr Tiān Dì Duì Jué 扫毒2天地对决 Cantonés Herman Yau 2020(93ª) Shàonián dě Nǐ 少年的你 Mandarín Derek Tsang 2021(94ª) Ma Ma Dik San Kei Siu Ji 媽媽的神奇小子 Cantonés Jimmy Wan 2022(95ª) Fung Zoi Hei Si 風再起時 Cantonés Philip Yung 2023(96ª) Dēng huǒ lán shān 燈火闌珊 Cantonés Anastasia Tsang 2024(97ª) Jiu Lóng Chéng Zhài·Wéi Chéng 九龍城寨之圍城 Cantonés e teochew Soi Cheang [(98ª) The Last Dance 破·地獄 Cantonés Anselm Chan

Notas

Categoría:Cinema de Hong Kong Hong Kong