Jeanne Baret ou Jeanne Barret (pseudónimo Jean Baré), nada en La Comelle, Francia, o 27 de xullo de 1740 e finada en Saint-Aulaye, Breuilh, Francia o 5 de agosto de 1807, foi unha botánica francesa, a primeira muller en circunnavegar o mundo, disfrazada de home.
Expedición ao redor do globo En 1766, Jeanne Baret embarcouse como asistente do botánico Philibert CommersonEl reconocimiento científico a la primera mujer que dio la vuelta al mundo. Noticias de la Ciencia y la Tecnología. Consultado o 7 de febreiro de 2012. na primeira circunnavegación francesa do mundo, na que se realizou un catálogo de especies de todo o planeta.
A expedición empregou dous barcos de guerra franceses, ao mando de Louis Antoine de Bougainville, nos que non estaba permitida a presenza de mulleres polo que tivo que se disfrazar de home, durante os tres anos de travesía (1766-1769). Aínda que embarcada de incógnito, finalmente foi descuberta a súa condición de muller en 1768. Foi obrigada a desembarcar na Illa Mauricio xunto a Commerson o cal morrería alí en 1773.
Soa e sen recursos, Jeanne traballou nunha taberna en Port Louis. Coñeceu un oficial naval francés, natural de Perigord, Jean Dubernat, con quen casou o 17 de maio de 1774 na Catedral de S. Luís. A parella regresou a Francia, completando así a volta ao mundo.
Contribucións científicas A parella de botánicos recolleu máis de 6000 mostras de especies vexetais dos lugares que visitaron: Brasil, o estreito de Magalláns, Tahití, e as illas de Madagascar, e Mauricio. Entre as contribucións de Jeanne Baret atópase a primeira descrición da vide.
Á volta de Illa Mauricio, Jeanne trouxo as mostras botánicas de Commerson, 30 caixas que contiñan algo máis de 5.000 especies, incluíndo 3.000 descritas como novas. Recibiu a súa parte da herdanza de Commerson, e o rei Lois XVI recoñeceu os seus méritos como asistente do botánico, felicitouna polo seu bo comportamento, describíndoa como "muller extraordinaria" e deixándolle unha renda vitalicia.
A pesar das súas contribucións científicas, a historia mantívoa durante séculos apartada de todo o recoñecemento polo seu labor e só era lembrada como amante de Commerson.
Recoñecemento público O recoñecemento do seu papel como primeira muller en circunnavegar o globo e os seus traballos científicos quedaron escurecidos até a publicación do libro The Discovery of Jeanne Baret: A Story of Science, the High Seas, and the First Woman to Circumnavigate the Globe (2010), da escritora Glynis Ridley.
Durante a viaxe, Commerson dedicoulle un arbusto da familia Meliaceae, Baretia bonnafidia. Con todo, a planta cambiaría máis tarde o seu nome polo de Turraea heterophylla, que sería sinónimo de Turraea floribunda.No International Plant Names Index non aparece listado o xénero Baretia ou Barretia, e polo tanto ningunha especie con ese nome.
O biólogo Eric Tepe, da Universidade de Utah e a Universidade de Cincinnati, honrou o seu recordo, aplicando o seu nome a unha nova especie vexetal recentemente descuberta, Solanum baretiae, da familia Solanaceae, emparentada coa pataca. O seu compañeiro de expedición Philip Commerson xa lle dera nome a máis de 70 especies (como o xénero Commersonia ou numerosas especies co epíteto commersonii).
Outros epónimos
(Araliaceae) Polyscias baretiana Bernardi Candollea 29(1): 147 1974 (IK)
(Asteraceae) Chrysanthemum barretii Costa ex Menezes Brotéria. Sér. Bot. 1927, xxiii. 75; Costa, in Broteria, Ser. Bot. 1927 xxiii. 123 (IK)
(Crassulaceae) Sempervivum barretii Menezes Brotéria. Sér. Bot. 1922 xx. 115 (IK)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Primeiras viaxes de exploración científica
Bibliografía Fanny Deschamps, La Bougainvillée, Albin Michel, París, 1982 Carole Christinat, « Une femme globe-trotter avec Bougainville: Jeanne Barret 1740-1807 », Annales de Bourgogne, t. 67, p. 41-45, Dijon, 1995 tamén en: Revue française d'histoire d'outre-mer, tome 83, p. 83-95, París, 1996 John Dunmore, Jeanne Baret, First Woman around the World (1766-1768), Auckland, Heritage Press, 2002 Jean-Jacques Antier, La prisonnière des mers du sud, Presses de la Cité, París, 2009 Glynis Ridley, The Discovery of Jeanne Baret, Harper Collins Publishers, 2011 Hubert Verneret, Le travesti de l'Étoile, Éditions de l'Armancon, 2011
Irene Cívico, Sergio Parra e Núria Aparicio (ilustradora). Las chicas van donde quieren. 25 aventureras que cambiaron las historia Editorial Montena, 2019. ISBN: 978-84-1746-064-8
Ligazóns externas Artigo en Le Monde (7 de xaneiro de 2012)
Categoría:Nados en 1740 Categoría:Botánicos de Francia Categoría:Finados en 1807