Charles Benedict Ainslie, nado en Macclesfield o 5 de febreiro de 1977, é un deportista británico que competiu en vela nas clases Laser, Laser Radial e Finn.
Participou en cinco Xogos Olímpicos, en que obtivo en total cinco medallas: prata en Atlanta 1996 (clase Laser), ouro en Sydney 2000 (clase Laser), ouro en Atenas 2004 (clase Finn), ouro en Pequín 2008 (clase Finn) e ouro en Londres 2012 (clase Laser).«Ben Ainslie» en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports) .
En catro ocasión foi nomeado Regatista Mundial do Ano pola Federación Internacional de Vela (1998, 2002, 2008 e 2012).«Rolex World Sailor of the Year Awards» . Páxina web da ISAF .
Traxectoria Vela olímpica En 2012 conseguiu a súa quinta medalla consecutiva en cinco Xogos Olímpicos disputados, igualando en número de medallas olímpicas neste deporte a Torben Grael e superando a Paul Elvstrøm, que era o único con catro medallas de ouro.«Ben Ainslie wins fourth Olympics sailing gold medal». BBC Sport, 5 de agosto de 2012 .
Copa América No ano 2000, despois de gañar o ouro olímpico en Sydney, debutou na Copa América co equipo do OneWorld Challenge. En 2004 incorporouse ao Team New Zealand como táctico na campaña da Copa América, para pasar a continuación a ser o temoneiro do barco "B" de adestramento.«Ben Ainslie racing». The Telegraph, 10 de xuño de 2014 .
Participou na Copa América 2013 como táctico do Oracle Challenge, substituíndo a John Kostecki na sexta regata. O seu equipo adxudicouse a Copa ao vencer o Team New Zealand por 9 a 8 regatas.«America's Cup: Ben Ainslie's USA beat Team New Zealand in decider». BBC Sport, 25 de setembro de 2013 .
En 2014 anunciou a formación dun equipo para representar o Real Escuadrón de Iates na Copa América 2017. Ese equipo, o Ben Ainslie Racing, clasificouse para as semifinais (Challenger Playoffs) da Copa, mais perdeu por 5 a 2 ante o Team New Zealand na eliminatoria ao mellor de nove regatas.«Britain's America's Cup dream over as Sir Ben Ainslie's challenge ends in 5-2 defeat to New Zealand». The Telegraph, 8 de xuño de 2017 .
Palmarés internacional +Laser Xogos Olímpicos Ano Lugar Medalla Clase 1996 Atlanta () Prata Laser 2000 Sydney () Ouro Laser Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Clase 1996 Simon's Town () Bronce Laser 1997 Algarrobo () Bronce Laser 1999 Melbourne () Ouro Laser 2000 Cancún () Bronce Laser Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Clase 1996 Quiberon () Ouro Laser 1997 Cascais () Bronce Laser 1998 Breitenbrunn () Prata Laser 1999 Helsinqui () Ouro Laser 2000 Warnemünde () Ouro Laser
+Laser Radial Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Clase 1993 Takapuna () Ouro Laser Radial Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Clase 1992 Mariestad () Prata Laser Radial 1993 Cagliari () Ouro Laser Radial
+Finn Xogos Olímpicos Ano Lugar Medalla Clase 2004 Atenas () Ouro Finn 2008 Pequín () Ouro Finn2012 Londres () Ouro Finn Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Clase 2002 Atenas () Ouro Finn 2003 Cádiz () Ouro Finn 2007 Río de Xaneiro () Ouro Finn 2005 Moscova () Ouro Finn 2008 Melbourne () Ouro Finn 2012 Falmouth () Ouro Finn Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Clase 2002 Çeşme () Ouro Finn 2003 Marstrand () Ouro Finn 2004 La Rochelle () Prata Finn 2005 Kalmar () Ouro Finn 2008 Scarlino () Ouro Finn
Vida persoal Ainslie vive en Seaview na illa de Wight e pertence ao Sea View Yacht Club e é membro honorario do Royal Yacht Squadron. Foi adestrado por David (Sid) Howlett, que participou nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976 na clase Finn.«David Howlett shines as Britain's 'medal maker'». The Telegraph, 22 de abril de 2008 . É seguidor do Chelsea.
En agosto de 2014, foi unha das duascentas figuras públicas que asinaron unha carta a The Guardian en que expresaban a súa esperanza de que Escocia votase para permanecer no Reino Unido no referendo de independencia de setembro de 2014.
O 20 de decembro de 2014, Ainslie casou coa antiga presentadora de Sky Sports News Georgie Thompson. A parella ten unha filla, Bellatrix, nada en 2016.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Base de datos da ISAF Ben Ainslie Booking Agency Profile Ainslie Olympic profile
National Maritime Museum Cornwall website
Categoría:Nados en Cheshire Categoría:Nados en 1977 Categoría:Medallistas olímpicos en vela Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polo Reino Unido Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Reino Unido Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Regatistas olímpicos do Reino Unido Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 2012