Roberto III de Dreux (chamado "Gasteblé"), nado en 1185 e finado en Braine o 3 de marzo de 1234, foi conde de Dreux e Braine. Era fillo de Roberto II, conde de Dreux, e de Iolanda de Coucy. Traxectoria En 1212, loitou co seu irmán Pedro Mauclerc, baixo as ordes de Lois de Francia, fillo de Filipe II de Francia contra os ingleses. Defendeu a cidade de Nantes, pero foi feito prisioneiro durante unha saída. Despois da batalla de Bouvines, foi trocado polo conde de Salisbury. Participou na cruzada albixense e cercou Aviñón en 1226. Despois da morte de Lois VIII, foi un dos partidarios da rexente Branca de Castela.
Casou en 1210 con Leonor de Saint-Valery, señora de Saint-Valery-sur-Somme, filla de Tomé de Saint-Valery e de Adela de Ponthieu. Tiveron varios fillos:
Iolanda de Dreux, casada con Hugo IV, duque de Borgoña. Xoán I de Dreux, conde de Dreux. Roberto I de Beu, señor de Beu e vizconde de Châteaudun. Pedro, sacerdote.
Véxase tamén Bibliografía Chronica Albrici Monachi Trium Fontium 1229, MGH SS XXIII, p. 852. Ex Chronico Fiscannensis Cœnobii, RHGF, tomo XVIII, p. 350. Willelmi Chronica Andrensis 252, MGH SS XXIV, p. 772. Annales of Dunstaplia, p. 139. RHGF, tomo XXIII, Ex Chronico Monasterii sancti Taurini Ebroicensis, p. 466. Dugdale Monasticon IV, Stodely Nunnery, Oxfordshire, III, p. 253. Ligazóns externas Robert III de Dreux na Foundation for Medieval Genealogy
Categoría:Nados en 1185 Categoría:Finados en 1234 Categoría:Condes de Dreux