Xoán I de Dreux, nado en 1215 e finado en Nicosia en 1249, foi conde de Dreux e Braine. Era fillo de Roberto III, conde de Dreux, e de Leonor de Saint-ValeryRichard of Devizes and Geoffrey de Vinsauf, Chronicles of the crusades, (George Bell and Sons, 1903), p. 376.. Traxectoria Armado cabaleiro por Lois IX de Francia, seguiuno durante varias guerras, primeiro contra os ingleses en Poitou (batalla de Taillebourg en 1242), logo durante a sétima cruzada en 1249. Morreu durante unha escala no Reino de ChipreRerum Britannicarum medii aevi scriptores, Vol.44, Part 3, Ed. Sir Frederic Madden, (Longmans, Green, and Co, 1869), 564..

Casou en 1240 con María de Borbón-Dampierre, filla de Arquimbaldo VIII o Grande, señor de Borbón e Beatriz de MontluçonJochen Schenk, Templar Families: Landowning Families and the Order of the Temple in France, c. 1120-1307, (Cambridge University Press, 2012), 201.Michelle Bubenicek, Quand les femmes gouvernent: droit et politique au XIVe siècle:Yolande de Flandre, Droit et politique au XIV siecle, (Ecole des Chartes, 2002), 54.. Tiveron varios fillos:

Roberto IV de Dreux, conde de Dreux, de Braine e señor de Montfort. Iolanda, casada con Amalrico II, señor de Craon, e despois con Xoán II de Trie, conde de Dammartin. Xoán, templario.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Xoán I de Dreux na Foundation for Medieval Genealogy

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en 1215 Categoría:Finados en 1249 Categoría:Condes de Dreux