Arabia Saudita presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 2013. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2023, sete filmes sauditas foron propostos ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Arabia Saudita para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 2013(86ª) Wadjda Árabe Haifa al-Mansur 2016(89ª) Barakah yoqabil Barakah Árabe Mahmoud Sabbagh 2019(92ª) The Perfect Candidate Árabe Haifa al-Mansur 2020(93ª) Scales Árabe Shahad Ameen 2021(94ª) Had Al Tar Árabe Abdulaziz Alshlahei 2022(95ª) 'Ughniat alghurab Árabe Mohamed Al-Salman 2023(96ª) Alhamour H.A. Árabe Abdulelah Alqurashi 2025(98ª) Hijra Árabe, urdú, turco e inglés Shahad Ameen

Notas

Categoría:Cinema de Arabia Saudita Arabia Saudita