Balduíno III de Flandres ou Balduíno o Mozo, nado c. 940 e finado en Sint-Winoksbergen en 962, foi conde de Flandres de 958 a 962, fillo do conde Arnoldo I de Flandres e Adela de Vermandois (m. 960 ). Traxectoria O seu pai casouno con Matilde (m. 1008), filla do duque Herman I de Saxonia e Hildegarda de Westburg. No 958, na asemblea de señores de Gante, o seu pai cedeulle o goberno de Flandres. Balduíno III instituíu as primeiras feiras en Bruxas, Torhout, Kortrijk e Cassel, fundou algunhas manufacturas e fortificou Bergues. Participou nunha expedición contra os normandos baixo a autoridade do rei de Francia Lotario, pero morreu ao seu regreso de varíola (962), deixando un fillo aínda novo, Arnoldo II, obrigando ao seu pai Arnoldo I a retomar as rédeas do poder.

Devanceiros

Notas

Categoría:Nados en 940 Categoría:Finados en 962 Categoría:Condes de Flandres Categoría:Nados no século X Categoría:Finados por varíola