Irlanda presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 2007. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. Malia que Irlanda ten unha próspera industria cinematográfica, a maioría dos filmes son producidos en inglés e polo tanto non poden ser elixidos para o premio. Até o ano 2024, presentáronse once filmes irlandeses ó Óscar ó mellor filme internacional, e un deles, An Cailín Ciúin foi nomeado na 95ª edición dos Óscar. A Academia Irlandesa de Cinema e Televisión (IFTA polas súas siglas en inglés) é a encargada de presentar os candidatos de Irlanda.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Irlanda para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 2007(80ª) Kings Irlandés, inglés 2011(84ª) As If I Am Not There Serbocroata 2014(87ª) An Bronntanas Irlandés 2015(88ª) Viva Castelán 2017(90ª) Song of Granite Irlandés 2019(92ª) Gaza Árabe Garry Keane e Andrew McConnell 2020(93ª) Arracht Irlandés Tomás Ó Súilleabháin 2021(94ª) Foscadh Irlandés Seán Breathnach 2022(95ª) An Cailín Ciúin Irlandés Colm Bairéad 2023(96ª) In the Shadow of Beirut Árabe Garry Keane e Stephen Gerard Kelly 2024(97ª) Kneecap Irlandés e inglés Rich Peppiatt 2025(98ª) Sanatorium Ucraíno Gar O'Rourke

Notas

Categoría:Cinema de Irlanda Irlanda