Albania presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dunha maneira irregular dende o ano 1996. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
O candidato de Albania é decidido por un comité designado polo Ministerio de Cultura de Albania. Até o ano 2022, dezaoito filmes albaneses foron propostos ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Albania para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1996(69ª) Kolonel Bunker 2001(74ª) Parullat 2008(81ª) Trishtimi i zonjës Shnajder 2009(82ª) Gjallë! 2010(83ª) Lindje, perëndim, lindje 2011(84ª) Amnistia 2012(85ª) Pharmakon 2013(86ª) Agon 2015(88ª) Bota Iris Elezi, Thomas Logoreci 2016(89ª) Krom Bujar Alimani 2017(90ª) Dita zë fill Gentian Koçi 2019(92ª) Delegacioni Bujar Alimani 2020(93ª) Derë e hapur Florenc Papas 2021(94ª) Dy Luanë drejt Venecias Jonid Jorgji 2022(95ª) Një Filxhan Kafe dhe Këpucë të Reja Veshur Gentian Koçi 2023(96ª) Alexander Ardit Sadiku 2024(97ª) Pikë uji Robert Budina 2025(98ª) Luna Park Florenc Papas
Notas
Categoría:Cinema de Albania Albania