Groenlandia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez en 2010. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2025, tres filmes groenlandeses foron propostos ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Groenlandia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 2010(83ª) Nuummioq Dinamarqués, groenlandés e Otto Rosing 2012(85ª) Inuk Groenlandés 2025(98ª) Walls - Akinni Inuk Groenlandés Sofie Rørdam e Nina Paninnguaq Skydsbjerg
Notas
Categoría:Filmes de Groenlandia Groenlandia