Mertxe Aizpurua Arzallus, nada en Usurbil, Guipúscoa o 18 de xaneiro de 1960, é unha política e xornalista vasca e deputada nas lexislaturas XIII e XIV. É a voceira do Grupo Parlamentario de EH Bildu.
Traxectoria Aizpurua naceu no concello guipuscoano de Usurbil en 1960. É licenciada en Ciencias da Información.
Foi editora do xornal Egin e da revista Punto y Hora de Euskal Herria. En setembro de 1983 Punto y Hora publicou un editorial sobre os "soldados" nacionalistas vascos e unha entrevista cun irmán dun membro de ETA morto por manipular un artefacto explosivo no concello navarro de Tafalla. En outubro de 1984, a Audiencia Nacional condenou a Aizpurua por "apoiar o terrorismo" e condenouna a un ano de prisión e prohibiulle traballar como xornalista durante un ano.
É fundadora do xornal Gara, sendo directora entre 1999 e 2004. En xuño de 2001 foi interrogada polo xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón despois de que Gara publicase unha entrevista con dous líderes de ETA. O caso contra Aizpurua foi desestimado finalmente en marzo de 2004.
É directora do xornal dominical, 7K, de Gara. É a autora de Argala: Pensamiento en Acción: Vida e Escritos (2018), unha biografía do líder de ETA, Argala.
Aizpurua participou nas eleccións locais de 2011 como candidata da alianza electoral Bildu en Usurbil e foi elixida concelleira. Foi alcaldesa de Usurbil de 2011 a 2015 e presidenta da Udalbiltza de 2012 a 2015. Participou nas eleccións xerais de abril de 2019 e de novembro de 2019 como candidata de EH Bildu por Guipúscoa resultando electa en ámbalas dúas ocasións.
Vida persoal Está casada e ten un fillo.
Notas
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Usurbil Categoría:Xornalistas do País Vasco Categoría:Políticos de EH Bildu Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)