A historia de Suecia abrangue a historia de Suecia e a dos seus estados predecesores. Comeza cando a capa de xeo do norte comezou a retroceder. As primeiras pegadas de visitas humanas son de arredores do ano 12000 a. C.

As fontes escritas sobre Suecia antes do 1000 d. C. son escasas e curtas, normalmente escritas por persoas alleas, e ata o século XIV non se producen textos históricos longos en Suecia. Así, o inicio da historia sueca, en contraste coa prehistoria, adoita a tomarse a partir do século XI, cando as fontes xa son o suficientemente comúns para que sexa posible contrastalas entre elas.

O estado sueco moderno formouse durante un longo período de unificación e consolidación. Os historiadores estableceron distintos estándares para cando pode considerarse completo (resultando en datas dende o século VI ata o XVI), pero un país unificado, co poder concentrado nunha dinastía monárquica e algunhas leis comúns estivo presente dende finais do século XIII. Nese momento Suecia estaba formado na maior parte do que hoxe é a parte sur do país (exceptuando Escania, Blekinge, Halland e Bohuslän), ademais de partes da actual Finlandia. Durante os séculos seguintes a influencia sueca expandiríase cara ao norte e o leste, incluso se as fronteiras non estaban ben definidas ou non existían.

A finais do século XIV Suecia entrelazárase cada vez máis con Dinamarca e Noruega, uníndose finalmente na Unión de Kalmar. Durante o século seguinte unha serie de rebelións serviron para diminuír os lazos de Suecia coa unión, o que ás veces levou á elección dun rei sueco separado. O enfrontamento chegou ao seu clímax tras o baño de sangue de Estocolmo en 1520, unha execución en masa de nobres e burgueses orquestrada por Cristián II de Dinamarca. Un dos poucos membros das familias nobres máis poderosas non presente, Gustav Vasa, foi capaz de organizar unha nova rebelión e finalmente foi coroado rei en 1523. O seu reinado resultou duradeiro e marcou o final da participación de Suecia na unión.

Gustav Vasa alentou ademais as predicadores protestantes, rompendo finalmente co papado e establecendo a igrexa luterana en Suecia, aproveitando as propiedades e riqueza da igrexa católica.

Durante o século XVII, tras gañar guerras contra Dinamarca-Noruega, Rusia e a Mancomunidade de Polonia e Lituania, Suecia emerxeu como unha gran potencia tomando o control directo da rexión báltica. O papel de Suecia na guerra dos Trinta Anos determinou o equilibrio do poder político e relixioso en Europa. O estado sueco expandiuse enormemente, cara os modernos estados bálticos, cara ao norte de Alemaña, e cara varias rexións que, a día de hoxe, son parte de Suecia.

Antes do final do século XVII formouse unha alianza secreta entre Dinamarca-Noruega, a Comunidade Polaco-Lituana, e Rusia contra Suecia. Esta coalición actuou ao principio do século XVIII cando Dinamarca-Noruega e a Comunidade Polaco-Lituana lanzaron ataques sorpresa contra Suecia. En 1721 Rusia e os seus aliados gañaron a guerra contra Suecia. Como resultado Rusia puido anexionarse os territorios suecos de Estonia, Livonia, Ingria, e Carelia. Este feito puxo o punto e final ao Imperio Sueco e paralizou o seu poder no mar Báltico.

Suecia uniuse á cultura da Ilustración nas artes, a arquitectura, a ciencia e a educación. Entre 1570 e 1800 o país experimentou dous períodos de expansión urbana. Finlandia foi perdida a Rusia nunha guerra en 1808-1809.

A principios do século XIX Suecia perdeu Finlandia e o resto dos seus territorios fóra da Península Escandinava. A derradeira guerra de Suecia foi a guerra sueco-norueguesa de 1814. Suecia venceu e forzou o rei danés a cederlle Noruega. Noruega viuse na obriga de entrar nunha unión persoal con Suecia que durou ata o ano 1905. Dende 1814 Suecia estivo en paz, adoptando unha política exterior non aliñada en tempos de paz e de neutralidade en tempos de guerra. Durante a primeira guerra mundial Suecia permaneceu neutral. A prosperidade despois da guerra proporcionou as bases para as políticas de benestar social características da Suecia moderna. Durante a segunda guerra mundial o país mantívose novamente neutral, evitando o destino da Noruega ocupada. Suecia foi un dos primeiros países que non participaron na guerra en unirse á Nacións Unidas (fíxoo en 1946).Norbert Götz. “From Neutrality to Membership: Sweden and the United Nations, 1941 to 1946.” Contemporary European History 25 (2016) 1: 75-95

Ademais disto, o país intentou manterse fóra das alianzas e permanecer oficialmente neutral durante toda a guerra fría; Suecia non se uniu á OTAN. O Partido Socialdemócrata gobernou durante 44 anos seguidos (1932-1976). As eleccións de 1976 levaron unha coalición de partidos liberais e de dereitas ao poder. Durante a guerra fría Suecia sospeitaba das superpotencias, recoñecendo que as decisións tomadas por elas afectaban a países máis pequenos sen que nunca consultasen con eses países. Co final do conflito, esas sospeitas diminuíron pero Suecia prefería manterse non aliñado.

Prehistoria de Suecia

A prehistoria de Suecia comezou cando chegaron os seus primeiros poboadores, feito que ocorreu hai uns 14 000 anos. Considérase que a prehistoria rematou tras a era viquinga, ao redor do ano 1050. miniatura|326x326px|O lago Ancylus, hai 9 500 - 8 000 anos.

Idade de Pedra

Paleolítico (13 000-10 000 a. C.) O Paleolítico en Suecia tivo lugar durante o período Weichseliense, cando o país estaba cuberto total ou parcialmente por xeo, e aínda que é probable que houbese persoas no sur de Suecia cando o xeo se retiraba temporalmente, este feito non está demostrado. Os primeiros poboadores dos que si se ten constancia viviron en asentamentos preto de Malmö na época na que o xeo comezou a derreterse, hai uns 14 000 anos.Welinder, Stig (17 de setembro de 2009). Dick Harrison. red. Sveriges historia. 13 000 f.Kr. - 600 e.Kr.. ISBN 978-91-1-302376-2 Esas persoas procedían de zonas de Europa que non estaban cubertas polo xeo. Consérvanse restos do Paleolítico superior, principalmente en Escania. Os animais comúns durante este tempo foron, entre outros, os renos, lobos e lebres, así como unha serie de especies que, debido ao cambio climático e á caza, desapareceron antes de que comezara o Mesolítico, como o rinoceronte laúdo, o mamut e o cervo xigante. A medida que estas especies se foron extinguindo a forma de vida dos habitantes de Suecia foi cambiando durante o Mesolítico, xa que estes animais eran moi importantes na cultura paleolítica.

Mesolítico (10 000-4 000 a.C.) Como moitos dos animais dos que dependían para alimentarse no Paleolítico desapareceron, os habitantes de Suecia durante o Mesolítico tiveron que depender da caza de animais pequenos e da pesca, que é unha das razóns polas que a esa época tamén se lle chama Idade da Caza. Grandes partes de Suecia estaban baixo as augas ou o xeo, e só as zonas cunha altura superior aos 75 metros estaban na superficie nese tempo. Debido á extensión do mar e á extinción dos animais da tundra, os recursos mariños foron de grande importancia para as culturas mesolíticas. Lagos como o Vänern e o Vättern son coleccións de auga do desxeo que teñen similitudes cos grandes lagos de América do Norte, e formáronse croios a través da fusión do xeo.

Desa época son os asentamentos máis antigos de Norrland: Aareavaara e Kangos no municipio de Pajala, e Dumpokjauratj no municipio de Arjeplogs (de hai 9 000-10 700 anos). Eses asentamentos parece que foron habitados por cazadores de renos que vivían preto do bordo de xeo interior e crese que chegaran dende o norte.Östlund, Olof (2005). ”Stenåldersboplatsen i Kangos - nästan 10.000 år i glömska: den tidigaste kolonisationen i Norrbotten”. Norrbotten 2005,: sid. 141–149 : ill.. 0546-3467. ISSN 0546-3467

Neolítico (4000-1700 a.C.) miniatura|260x260px|O dolmen de Hagadösen, en Orust, no oeste de Suecia. Durante a primeira parte do Neolítico un novo grupo de xente emigrou ao sur de Suecia, a chamada cultura dos vasos de funil, que dependía da agricultura e dos animais domésticos como principais recursos nutricionais, sobre todo a través do cultivo de cereais e do gando. Este grupo orixinouse a partir de campesiños de Anatolia, nas actuais Turquía e Siria. Probablemente expandíronse polo sur de Europa hai uns 10 000 anos, posiblemente como resultado da inundación do mar Negro, e despois expandíronse cara gran parte de Europa e cara Suecia. Estudos de ADN amosaron que a poboación de cazadores (que existira en Europa dende hai 40 000 anos) non absorbeu o ADN da poboación campesiña, pero esta última si o fixo da de cazadores e tamén dun terceiro grupo que chegou a Europa dende Siberia ao mesmo tempo. A antiga cultura de cazadores-recolectores que xa vivía en Suecia puido vivir coa cultura dos campesiños ao redor de 1 000 anos, despois do cal a cultura de cazadores cesou (agás no interior de Norrland). A poboación campesiña de Suecia chegou a recibir aproximadamente a mesma proporción de ADN da poboación de cazadores de Europa que da poboación campesiña inmigrante.

Outra onda de poboacións de cazadores chegou a Europa hai 5 000 anos e foron pastores esteparios de Rusia. Dende entón non houbo máis grandes migracións cara Europa ata os tempos modernos. Estes pobos trouxeron consigo a chamada cultura yamna ou cultura iamna centrada nas ovellas e na la, con novos deuses e cunha visión distinta da propiedade e a herdanza. Deron orixe á cultura da machada de batalla no sur de Suecia e Noruega, que foi o inicio dos dramáticos cambios da Idade de Bronce.

O Neolítico divídese tradicionalmente en tres períodos, o Neolítico inicial, o medio e o final. No Neolítico inicial, entre o 3 950 e o 3 300 a. C., a poboación pasou de ser cazadora-recolectora a campesiña. Xurdiron novas estruturas na sociedade ou déuselles un novo significado, como as áreas de caza ou os territorios tribais. O Neolítico medio é o tempo no que a cultura da cerámica perforada está moi estendida, aproximadamente dende o 3 300 ata o 2 350 a. C. O período divídese en dous subperíodos. Na primeira parte houbo tamén unha cultura dos vasos de funil máis nova, cuxa parte máis antiga é do Neolítico inicial. O segundo período é contemporáneo á cultura da machada de batalla. A cerámica perforada estendeuse principalmente en Gotland, pero con elementos tamén na costa occidental sueca, e subsistiu principalmente en industrias campesiñas e e recursos do mar. A etapa final do Neolítico, a partir do 2 300 a. C., é chamada ás veces Idade do Cobre, porque comezaron a importarse obxectos individuais de cobre. Como o período no norte de Europa é culturalmente semellante á Idade de Pedra considérase parte do Neolítico final, mentres que é un período separado na arqueoloxía do sur de Europa. Porén, as xerarquías están volvéndose máis claras no material arqueolóxico. Entre outras cousas, isto pode verse na mestura de casas grandes e pequenas que se poden atopar nas comunidades.

Durante este período levantáronse varios monumentos megalíticos, como dolmens, tumbas de andadeiro e cistas.

O esquí máis antigo do mundo, kalvträskskidan (o esquí de Kalvträsk), foi atopado na vila de Kalvträsk, ao suroeste de Skellefteå en Västerbotten, e data do ano 3 200 a. C.

Idade de Bronce (1700-500 a. C.) Durante a Idade de Bronce aumentou significativamente o comercio internacional, o que pode deberse á domesticación dos cabalos. Isto puido levar á extracción de estaño dende Inglaterra. Este combinouse co cobre doméstico para producir bronce, usado para fabricar ferramentas e armas.

Bronce antigo (1700-1100 a. C.) miniatura|260x260px|Amilladoiro de Uggarde, na illa de Gotland, o terceiro máis grande do país.|alt=