Pegboy é unha banda estadounidense de punk rock de Chicago, Illinois cun relativamente grande seguimento de culto. O grupo foi fundado en 1990 por John Haggerty (exguitarrista de Naked Raygun), xunto co seu irmán, o batería Joe Haggerty (antes en The Effigies), Larry Damore (voces/guitarra), e Steve Saylors (baixo). Tanto Damore como Saylors foran membros da banda de hardcore de Chicago Bhopal Stiffs, banda que editadou en 1987 unha demo producida por John Haggerty. O EP de estrea de Pegboy, Three-Chord Monte (1990), tamén foi o primeiro lanzamento do selo Quarterstick Records, unha filial de Touch and Go Records. Steve Saylors deixou a banda en 1992 debido a que o seu traballo non lle permitía saír de xira. Steve Albini, un vello amigo da banda, encargouse do baixo no EP Fore. O antigo baixista de Naked Raygun Pierre Kezdy encargouse permanentemente do baixo en 1994. Tras a reforma de Naked Raygun, Mike Thompson substituíu a Kezdy no baixo.
Pegboy supostamento tocou un concerto de despedida o día de fin de ano de 1999 pero negaron que realmente fose un concerto de despedida anos máis tarde cando volveron actuar.
Pegboy estivo xirando durante o verán de 2009 con Face to Face e Polar Bear Club.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloStrong Reaction1991Quarterstick RecordsEarwig1994Quarterstick RecordsCha Cha Damore1997Quarterstick Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de Chicago, Illinois Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 1990