Magazine foi unha banda inglesa de post-punk activa dende 1977 ata 1981, e posteriormente dende 2009 ata 2011. O grupo foi creado por Howard Devoto despois de deixar Buzzcocks a principios de 1977. Devoto decidiu crear unha banda de rock máis progresiva e menos tradicional.
Magazine reuniuse en 2009 para unha xira polo Reino Unido con case todos os membros restantes da súa formación clásica, só coa excepción do guitarrista John McGeoch que morrera en 2004. McGeoch foi substituído por Noko, que tocara con Devoto en Luxuria. Magazine publicou un álbum con material novo, No Thyself, en outubro de 2011, seguido por unha pequena xira no Reino Unido.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloReal Life1978Virgin RecordsSecondhand Daylight1979Virgin RecordsThe Correct Use of Soap1980Virgin RecordsMagic, Murder and the Weather1981Virgin RecordsNo Thyself2011Wire-Sound
Categoría:Grupos musicais de Manchester Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais formados en 1977