2020 (MMXX) foi un ano bisesto comezado en mércores no calendario gregoriano, dentro do século XXI.
O ano caracterizouse pola pandemia de COVID-19, un virus que foi atopado e designado como unha nova enfermidade na cidade chinesa de Wuhan a finais de 2019, propagouse polo resto da China e noutros países do resto do mundo durante 2020 provocando un forte impacto socioeconómico.
Acontecementos miniatura|300px|A Comarca do Baixo Miño nunha fotografía aérea de 2020. Xaneiro 2 de xaneiro: Sae do prelo o primeiro número do xornal galego Nós Diario. 3 de xaneiro: un ataque dos Estados Unidos con drons no aeroporto internacional de Bagdad acaba coa vida do xeneral militar iraniano Qasem Soleimani e o líder paramilitar Abu Mahdi al-Muhandis. 7 de xaneiro: Pedro Sánchez é investido presidente de España, conformándose o primeiro goberno de coalición dende a Segunda República. 8 de xaneiro: Irán ataca simultaneamente, con decenas de mísiles, as bases aéreas de Al Asad e Erbil, operadas polos Estados Unidos e Iraq. en Teherán, o voo 752 de Ukraine International Airlines é derrubado por un mísil iraniano, deixando 176 persoas mortas. 11 de xaneiro: morre a primeira persoa pola COVID-19 en Wuhan, na China. 31 de xaneiro: o Reino Unido deixa oficialmente de ser parte da Unión Europea. primeiro caso de COVID-19 en España.
Febreiro 4 de febreiro: no porto de Iocoama, no Xapón, o cruceiro Diamond Princess é posto en corentena, despois de que se confirmasen varios casos de COVID-19. En total infectáronse máis de 700 persoas e morreron 12. 9 de febreiro: o filme surcoreano Gisaengchung convírtese no primeiro de fala non inglesa en gañar o Oscar ao mellor filme. 13 de febreiro: en Valencia falece a primeira persoa en España por COVID-19. 19 de febreiro: dous tiroteos na cidade alemá de Hanau deixan 10 persoas mortas. 24 de febreiro: O primeiro ministro de Malaisia, Mahathir bin Mohamad, anuncia a súa dimisión. miniatura|Marzo: Os astronautas Behnken e Hurley nunha proba para a misión SpaceX Demo-2.
Marzo 8 de marzo: o goberno de Italia pon a 16 millóns de persoas, unha cuarta parte da súa poboación, en corentena co fin de deter o avance da COVID-19. Dous días despois esténdese a todo o país. 11 de marzo: a Organización Mundial da Saúde declara a crise da COVID-19 como pandemia. 13 de marzo: o goberno de España decreta o estado de alarma como medida excepcional para a contención da pandemia pola COVID-19. 24 de marzo: debido á pandemia pola COVID-19 o COI e o goberno do Xapón anuncian o aprazamento dos Xogos de Toquio para o verán de 2021.
Abril 2 de abril: o número de casos de COVID-19 en todo o mundo supera o millón, ese mesmo día superouse tamén a cifra de 50.000 mortos. miniatura|Maio: Protestas en Minnesota. Maio 25 de maio: en Minneapolis, un policía asfixia ata a morte a George Floyd, o que provoca o inicio dunha serie de protestas e disturbios en varias cidades dos EEUU. 30 de maio: lanzamento da misión aeroespacial Crew Dragon Demo-2.
Xuño
Xullo 19 de xullo: lanzamento da misión aeroespacial Hope Mars Mission emiratí, a primeira feita por un país árabe. O seu obxectivo é estudar a atmosfera de Marte.
Agosto 4 de agosto: dúas explosións no porto de Beirut causa máis de 150 mortos e milleiros de feridos. Setembro 27 de setembro: a pandemia pola COVID-19 acada o millón de vítimas mortais.
Outubro
Novembro
Decembro
Mortes
7 de xaneiro: Domingo Pellicer, arquitecto galego.
Festas e celebracións Ano internacional da Sanidade Vexetal, proclamado pola Organización das Nacións Unidas en decembro de 2018, co obxectivo de concienciar ás persoas sobre a importancia de protexer a saúde das plantas e previr a propagación de enfermedades nos vexetais .
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia ano a ano